Unha colisión múltiple saldouse cun ferido en Vigo
Un choque no que se viron implicados tres vehículos saldouse cunha persoa ferida en Vigo. O accidente tivo lugar na A-55, concretamente no punto quilométrico 6, dirección O Porriño. Un particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 12:20 horas.
Nese momento, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Vigo.
Colisión por alcance
Dous vehículos colidían, tamén, esta mañá na A-55, en Vigo. Os feitos tiveron lugar á altura da saída cara ao Hospital Meixoeiro. Por mor do choque, un neno resultou ferido leve. Un particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 8:45 horas.
Decontado, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaba do accidente a Urxencias Médicas, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e aos Bombeiros de Vigo

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149