NIGRÁN
Nigrán informa a través do Consello Sectorial dos últimos avances de cara a aprobación provisional do PXOM
Á cita acudiron representantes dunha trintena de entidades de Nigrán veciñais, culturais, deportivas ou comunidades de montes.
![[Img #32547]](upload/img/periodico/img_32547.jpg)
O salón de plenos do Concello de Nigrán acolleu esta semana unha nova cita do Consello Sectorial do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), órgano reactivado polo goberno socialista de Nigrán en 2015 tras máis de tres anos sen ser convocado. Á cita acudiron portavoces dos diferentes partidos políticos e as preto de trinta entidades veciñais, culturais, deportivas ou comunidades de montes do municipio xunto co alcalde, Juan González e o equipo de goberno. Todos eles escoitaron as explicacións do estado actual do documento da man de responsables da empresa reactora Eptisa, aos que os asistentes formularon as súas dúbidas sobre a tramitación do PXOM. O obxectivo desta cita, en palabras do rexedor, “era informar de primeira man dos últimos avances acadados de cara a súa aprobación, xa que é un asunto clave para o futuro do municipio no que se busca consenso absoluto, transparencia e participación. Non é un documento de goberno, é un documento de toda a corporación", insistiu.
O Concello de Nigrán deu a finais de abril un paso máis de cara a aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal tras ter concluído o estudo de prospección arqueolóxica que permitirá responder en xullo ao requerimento sectorial pendente de Patrimonio. Así, o obxectivo é que, tras corrixir os informes sectoriais desfavorables, se envíe o documento á Xunta para a súa avaliación ambiental, para o que ten un prazo de tres meses para contestar. Seguidamente, durante este periodo que o organismo autonómico tramita o informe, o Concello exporá o PXOM en cada unha das parroquias co fin de que os veciños o coñezan de primeira man antes de levalo ao Pleno para a súa aprobación provisional e contestará tódalas alegacións presentadas de xeito individual. A previsión é que poda levarse a pleno entre finais do 2017 e principios de 2018.
A previsión é que a finais de ano se responda de xeito individual ás alegacións e se presente o documento en tódalas parroquias para que os veciños o coñezan de primeira man antes de levar ao Pleno cara a súa aprobación provisional
"A aprobación do PXOM é unha prioridade, levamos todo este mandato traballando arreo toda a corporación e técnicos para que sexa unha realidade porque é un asunto clave para o futuro do municipio. Ante todo buscamos transparencia, consenso absoluto e participación, por iso queremos informar de primeira man aos veciños do estado actual do PXOM”, insiste González.
O gran avance no PXOM prodúcese despois de ter concluído o estudo de prospección arqueolóxica, requisito indispensable que se esixía dende Patrimonio. Este estudo, levado adiante pola empresa DOA, revelou importantes achados prehistóricos na comarca, especialmente petroglifos que estaban sen documentar, polo que permitirá darlles a máxima protección urbanística. En total, os arqueólogos analizaron 170 elementos en todo o municipio, seleccionando 146 para ser catalogados. Entre estes últimos destacan 10 xacementos de petroglifos dos que non se tiña constancia ata agora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149