GALICIA
A Xunta mellora e reforza o control do uso de fitosanitarios no agro
O Diario Oficial de Galicia publica esta semana o decreto de Medio Rural que regula a inscrición e funcionamento do Rexistro Oficial de Produtores e Operadores (ROPO) de medios de defensa fitosantaria.
A Xunta vai mellorar e reforzar o control do uso de produtos fitosanitarios no agro, de acordo co establecido nas normativas nacional e comunitaria. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) coa publicación do decreto da Consellería do Medio Rural que regula a inscrición e funcionamento do Rexistro Oficial de Produtores e Operadores (ROPO) de medios de defensa fitosantaria.
A Xunta regula mediante este decreto o devandito rexistro e o procedemento para a inscrición, modificación e cancelación, así como a súa estrutura e funcionamento, de acordo coa lexislación comunitaria e nacional. O ROPO é un rexistro nacional, que foi creado polo Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro. O que se fai agora por parte de Medio Rural é regular os procedementos de entrada e saída dos datos e adaptar a xestión que se fai desde Galicia deste rexistro consonte á dita normativa europea e española.
A comercialización e uso de produtos fitosanitarios deben ser controladas pola Administración, de forma que se utilicen de xeito correcto e sustentable. Levar un control sobre os distintos operadores fai necesario contar cun sistema de rexistro, de tal forma que se poida ter un coñecemento tanto das empresas que poñen no mercado estas substancias como daquelas que as utilizan.
Levar un control sobre os distintos operadores fai necesario contar cun sistema de rexistro, de tal forma que se poida ter un coñecemento tanto das empresas que poñen no mercado estas substancias como daquelas que as utilizan
Teñen a obriga de inscribirse neste rexistro todos aqueles operadores de medios de defensa fitosanitaria que estean incluídos nalgunha das catro seccións do ROPO. Así, deben figurar as empresas e comerciais que subministren produtos fitosanitarios, as empresas que realizan tratamentos, as persoas cualificadas como asesores e os usuarios profesionais con carné básico, cualificado, fumigador ou piloto aplicador. A obriga de inscrición non afecta aos operadores que comercialicen exclusivamente produtos fitosanitarios autorizados para usos non profesionais.
A inscrición no rexistro poderá realizarse a petición da persoa titular (ou representante) da actividade incluída no ámbito de aplicación deste decreto ou ben de oficio, pola propia Consellería do Medio Rural. No decreto explícanse tamén os requisitos e a documentación necesaria para efectuar a inscrición neste rexistro, segundo o tipo de operador do que se trate.
Así, entre outras obrigas, establécese a de informar dos tipos e categoría toxicolóxica dos produtos que se van fabricar ou comercializar ou o de estar adherido a un sistema de xestión para a eliminación de envases baleiros de fitosanitarios (para o sector subministrador), ou copia do carné de manipulador (para o sector dos usuarios profesionais). O prazo de validez da inscrición no rexistro é de 10 anos.
Pódese consultar o decreto na seguinte ligazón:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170511/AnuncioG0426-020517-0001_gl.html

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184