Mos
O Bng reclama a recuperación integral do cauce do Río Louro
O Bng de Mos, por medio de Miguel Anxo Aldea Moscoso, portavoz do grupo municipal do BNG no concello , presenta unha moción ante a corporación municipal para instar á Confederación Hidrográfica do Noroeste á recuperación integral do cauce do Río Louro ao seu paso por Mos
![[Img #32572]](upload/img/periodico/img_32572.jpg)
Dende o BNG consideran "que o río Louro é importantisimo para a vida dos cidadáns do noso concello desde hai moitos anos. Os distintos gobernos municipais así o comprenderon e iniciaron unha senda para disfrute de todos e todas as que queremos utilizala".
Nuncomunicado explican que "hoxe en día, nas zonas máis afectadas polas construcción de naves, e alí onde a presión urbanística e maior, o río sofre un forte deterioro e estase a degradar notablemente. É normal ver muros derruídos que invaden o cauce, restos de entullo polo cauce adiante, e moitos residuos que fixeron que disminuira o calado".
Por todo esto, e "visto o estado de abandono do río por parte da Confederación Hidrográfica, que é a responsable directa do mesmo, instamos á mesma e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente á elaboración dun plan que permita a recuperación integral do caudal do río Louro, así como tamén urximos ao Goberno Municipal a incrementar a presión da disciplina urbanística, actuando de oficio nas denuncias e así controlar as edificacións que teñan irregularidades".
Por isto piden "a recuperación do río" que " debe ser unha prioridade absoluta para todas estas institucións"

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149