SALVATERRA DE MIÑO
XVIII Xornadas de Teatro de Alxén
Un ano máis a Asociación Teatral de Alxén organiza as súas xornadas de teatro, este ano xa a décimo oitava edición. Será a fin de semana do 19, 20 e 21 de maio. As xornadas dan comezo ás sete e media da tarde, coa representación da obra Planeta Bugallo a cargo dos pequenos do Grupo de Teatro ATA SEMPRE, que pertence á Asociación organizadora. Ás dez será a quenda do Grupo de teatro de A Feira coa obra O tío Aniceto e rematará a xornada coa actriz Isabel Risco, que levará á escena a obraNaviza Girl. Continúan as xornadas o sábado, ás once e media da noite, co estrena da obra O concurso, a cargo do grupo anfitrión, ATA SEMPRE de Alxén. E xa no domingo, pola mañá hai sesión vermú, a unha, a cargo da Banda de Gaitas de Alxén, que farán un pasarrúas e as As Carabuñeiras de Alxén, grupo de pandereteiras, que darán un concerto no torreiro de festas. Xa pola tarde, rematan estas xornadas, ás cinco e media da tarde, co grupo Barafunda Teatro coa obra Xan das ondas, para público infantil.
A Asociación Teatral de Alxén organiza esta xornadas de teatro, amador e profesional, dende hai xa dezaoito anos coa finalidade de achegar o teatro de balde a todos os públicos. Conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de Salvaterra de Miño e a Comunidade de Montes de Alxén.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60