GALICIA
Os Gardacostas requisan máis de 450 aparellos de pesca en distintos controis contra o furtivismo nos últimos días
Os axentes tamén incautaron case 1.500 metros de aparellos de enmalle e comisaron máis de 160 quilos de diversas especies.
![[Img #32649]](upload/img/periodico/img_32649.jpg)
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 450 útiles de pesca e máis de 160 quilos de diversas especies en diversos controis realizados nos últimos días. Tamén se aprehenderon de case 1.500 metros de aparellos de enmalle. Estes son os resultados de distintos controis que a Consellería do Mar está a intensificar nos días previos á veda do polbo, que comeza o vindeiro venres 19 de maio.
A ría de Vigo foi escenario de diversas operacións contra o furtivismo. Alí os axentes requisaron 210 nasas de polbo e 90 cacharros, 200 metros de artes de enmalle e case 68 quilos de especies, case todo polbo. O control máis destacado foi en Oia, onde se comisaron 92 nasas, 90 cacharros de polbo sen identificar e 39 quilos deste cefalópodo.
Estes son os resultados de distintos controis que a Consellería do Mar está a intensificar nos días previos á veda do polbo, que comeza o vindeiro venres 19
Na ría de Pontevedra tamén se realizaron distintas actuacións nas que os gardacostas se aprenderon de 50 quilos de distintas especies, de 149 útiles e de 1.250 metros de aparellos de enmalle. A actuación máis relevante realizada nesta ría foi nas zonas de Punta Festiñanzo, Punta Montegordo e Picamillo, onde requisaron 149 nasas para polbo sen identificar, 16 quilos deste cefalópodo, tres de nécora e catro de peixe variado.
Na ría de Arousa os axentes tamén fixeron varios controis que se saldaron co comiso de máis de 42 quilos de distintas especies de peixe e marisco e coa incautación de dous aparellos de pesca. Unha das actuacións realizouse en Ribeira e nela comisaron case 13 quilos de polbo de talla antirregulamentaria e case catro de percebe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184