MOS
Mos amplía e optimiza o seu arquivo municipal
Grazas á actuación realizada facilítase o traballo e consulta no proceso de organización dos fondos documentais.
![[Img #32685]](upload/img/periodico/img_32685.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Patrimonio, Camilo Augusto, informaron de que administración local ven de ampliar o arquivo municipal habilitando un novo espazo a tal fin nunha nave propiedade do Concello sita en Puxeiros.
A actuación recibiu unha subvención provincial de preto de 20.000 euros con cargo ao Plan Concellos 2017 e unha aportación de 13.000 euros de fondos propios municipais para a realización de obras consistentes na división do local, preparación de cerramentos, solado, carrís para andeis móbiles e armarios móbiles, e instalación do sistema de emerxencia e de electricidade. En total investíronse 33.000 euros.
O obxectivo desta ampliación do arquivo é facilitar o traballo e consulta no proceso de organización dos fondos documentais municipais.
O novo espazo habilitado está dotado de estanterías de plataforma móbil para facilitar e axilizar os labores de busca.
O proceso de organización dos fondos documentais do Concello de Mos iniciouse no ano 1990 coincidindo coa adecuación dun espazo dedicado ó arquivo municipal na torre e no baixo cuberta da Casa do Concello. En sucesivas etapas prodúcense reincorporacións e actualizacións documentais nos anos 1991, 1994, 1999, 2003, 2005 e 2008.
O novo arquivo, situado en Puxeiros, alberga a documentación comprendida entre os anos 2014 e 2016 e está dotado de 7 estanterías con capacidade para 1.565 arquivadores que ocupan unha superficie útil de 100 metros cadrados con posibilidade de futura ampliación a outros 100 metros cadrados máis.
Ademais de este novo arquivo en Puxeiros, o Concello de Mos conta cun espazo habilitado para dito fin no edificio municipal ubicado na Porteliña, Petelos, no que se atopa, na súa primeira planta, a Biblioteca Municipal. De xeito que coa ampliación realizada en Puxeiros auméntase e optimízase o arquivo municipal continuando co compromiso do equipo de goberno local de mellorar os servizos aos cidadáns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149