GALICIA
Máis de 200 persoas acadarán antes do verán a formación profesional mínima para socorristas
A modificación do decreto do socorrismo busca asegurar a cobertura de efectivos nas praias e instalacións acuáticas galegas e seguir ofrecendo as máximas garantías de seguridade.
![[Img #32713]](upload/img/periodico/img_32713.jpg)
Máis de 200 persoas teñen confirmada xa a súa participación nos cursos de formación mínima para socorristas antes do vindeiro verán. Estes cursos permiten a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia e poden ser impartidos por universidades, federacións deportivas de salvamento e socorrismo, Cruz Vermella ou outras entidades con experiencia en formación de socorristas sempre que teña a homologación da Academia Galega de Seguridade Pública.
A reforma do decreto regulador do socorrismo entrou en vigor o pasado mes de abril, mantén a formación mínima dos socorristas acuáticos así como o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. O obxectivo principal da norma reformada é seguir ofrecendo as máximas garantías de seguridade nas praias e instalacións acuáticas galegas. Para conseguilo, entre outras novidades, amplía ata o 2021 o período transitorio para obter a nova formación establecida en 2012, isto é, catro anos máis do inicialmente previsto.
No texto de 2012 regulábase a formación mínima para os socorristas, que se podía acreditar con certificado de profesionalidade de socorrismo; título de técnico deportivo ou superior en salvamento e socorrismo; calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que incluíra no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en instalacións acuáticas do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais; ou a acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, obtidas a través do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.
A continuación, establecíase un período transitorio de cinco anos -que vencería en abril deste ano- para que os profesionais anteriores a esta regulación tiveran a posibilidade de obter a cualificación ou formación correspondente. Agora, coa modificación, este prazo esténdese ata 2021 para evitar unha baixada de efectivos nas praias e instalacións acuáticas e para continuar dando a opción ás persoas non puideron ata agora obter a nova formación.
Outras das novidades relevantes da modificación é a ampliación das titulacións polas que se poderá acreditar a formación mínima, que pasan a incluír tamén o título de graduado en Ciencias da actividades física e o deporte, así como o título de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas. En ambos casos, deberán superar un curso de adaptación.
As novidades introducidas foron froito do consenso cos principais axentes implicados: Fegamp, tres universidades galegas, Cruz Vermella e Federación de socorrismo de Galicia. Ademais, cabe lembrar que o texto foi sometido a exposición pública para ter en conta as achegas da cidadanía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184