Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 21 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Conservatorios, concellos e Deputación reclaman a financiación á Xunta para os centros musicais

Instan á Xunta de Galicia a que convoque con urxencia unha comisión coa participación da FEGAMP, das Deputacións e da administración autonómica

Os directores dos conservatorios musicais da provincia de Pontevedra, os representantes dos concellos, o deputado de Cultura, Xosé Leal, e a Presidenta da Deputación, Carmela Silva coincidiron esta semana en reclamar a necesidade de que a Xunta de Galicia asuma a financiación destes centros de ensinanzas regradas.

 

Así puxeron de manifesto na xuntanza celebrada esta semana na Deputación de Pontevedra na que participaron os directores dos conservatorios musicais de Ponteareas, Cangas, Redondela, Vilagarcía, Tui e Lalín, e concelleiros e concelleiras destas localidades e o alcalde de Ponteareas. Nesta xuntanza, na que so faltou o representante de A Estrada, manifestouse que os concellos están a asumir a financiación dunha ensinanza regrada que outorga título de grao medio en estudios musicais, cando  é unha competencia directa da Xunta de Galicia.

 

Os representantes municipais destacaron que esta asunción de competencias provoca un déficit económico nas arcas municipais ademais dun agravio comparativo entre o que pagan as familias nos conservatorios dependentes da Consellería de Cultura.

 

Todos os asistentes asumiron que este mesmo encontro celebrado coa Deputación de Pontevedra vai ser solicitado nas outras deputacións provinciais para posteriormente celebrar unha reunión conxunta dos vinte conservatorios musicais de toda Galicia, os concellos afectados e as catro deputacións, que segundo manifestou Carmela Silva non debería “celebrarse máis aló do mes de xullo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.