PROVINCIA
Recepción da Presidenta da Deputación Carmela Silva aos “grandes” do Teucro
A Presidenta fixo entrega ao club dunha placa conmemorativa polo seu novo ascenso á Lisa ASOBAL de balonmán.
![[Img #32708]](upload/img/periodico/img_32708.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu esta semana no Salón de Plenos do Pazo Provincial á directiva (entre eles o presidente, Carlos García-Alén), ao corpo técnico co adestrador Quique Domínguez, e aos xogadores do S.D. Teucro, que veñen de ascender de novo á Liga ASOBAL de balonmán, a máxima categoría desta disciplina.
A Presidenta felicitou e agradeceu “o esforzo deste equipo, que amosou de novo que é un dos mellores equipos de balonmán da nosa provincia” e que “merece volver estar na elite dun deporte no que somos unha enorme potencia”. “Sodes un exemplo non só para a cidade de Pontevedra, para a que sodes fundamentais, senón para todas as mulleres e homes que viven na nosa provincia”, dixo Carmela Silva. “Sodes o vivo exemplo de que co esforzo todo se pode conseguir, e por iso hoxe queremos celebrar a vosa excelencia, o voso talento, e sentir os vosos méritos como nosos, porque como veciños nosos que sodes formades parte de todas e todos nós”, resaltou a Presidenta provincial.
Carmela Silva tamén estendeu a súa “admiración” ao conxunto do equipo, que lembrou que “conta cunha canteira extraordinaria nas súas escolas deportivas” e con equipos nas categorías dende a senior ata a benxamín “tanto masculinos como femininos, algo que me satisfai especialmente xa que creo que o impulso ao deporte feminino ten que ser algo fundamental”.
Deputación de Pontevedra e Teucro reuniranse nos vindeiros días para pechar o apoio provincial ao club comprometido por Carmela Silva
Silva asegurou que a Deputación de Pontevedra e o S.D. Teucro reuniranse nos vindeiros días para pechar o acordo de colaboración. “Con este xesto, que será importante, queremos pór de manifesto o apoio ao equipo dende esta institución provincial, xa que entendemos que agora que volve estar na Liga ASOBAL as súas prioridades son outras”, sinalou a Presidenta provincial, que tamén quixo resaltar que “o apoio das administracións non ten que ser agradecido, xa que é unha obriga”. “O deporte é unha grande prioridade para o conxunto da nosa cidadanía”, dixo Carmela Silva, “e por iso tamén o ten que ser para nós”.
Silva e o presidente do club, García Alén, protagonizaron o intercambio de agasallos entre a institución provincial e o equipo. Deste xeito, a Presidenta da Deputación de Pontevedra fíxolles entrega dunha placa conmemorativa polo seu ascenso á Liga ASOBAL e recibiu o agasallo dunha camisa enmarcada firmada por todos os xogadores do equipo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.55