Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 20 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O domingo arranca a Copa Deputación Feminina de Fútbol

A final disputarase no mes de xuño en Cambados, con motivo do nomeamento da vila como Cidade Europea do Viño.

[Img #32709]

 

O vindeiro domingo, 21 de maio, comezan as eliminatorias da Copa Deputación Feminina de Fútbol. Esta proba ten entre os seus principais obxectivos a defensa e visibilización da participación activa da muller no fútbol, así como promover que tanto clubs como agrupacións deportivas poñan en marcha equipos femininos que permitan que nenas e mozas poidan practicar este deporte.

 

En concreto, nesta edición do 2017 participarán 21 equipos de fútbol feminino da provincia de Pontevedra entre os que se atopan o Portonovo S.D., S.C.D. Salcedo, Umia C.F., S.C.D. Pontecaldelas, Atlético Arousana, Armenteira C.F., ARcadia E.F., At. Estrada E.D., JUV. Cambados, S.D. Puentearnelas, Sárdoma C.F.F., F.P.R. El Olivo, Balaidos C.F., U.D. Mos, Atlético de Matamá, Racing de Vilariño, E.D.V.M. Pereiro C.F., C.P. Alternavia, CCAR Valladares, TYDE C.F. e Tomiño F.C. FEM.

 

Na Copa Deputación de Pontevedra de fútbol, que comeza o vindeiro domingo,  terán lugar cinco eliminatorias que se pecharán cunha gran final a finais do mes de xuño. O ano pasado a final, disputada entre o Atlético Arousana e o F.P.R. El Olivo de Vigo, tivo como gañador ao equipo das viguesas.

 

A final da Copa Deputación Feminina de Fútbol 2017 terá lugar en Cambados, ao abeiro do protocolo asinado entre a institución provincial e o concello con motivo do nomeamento da vila como Cidade Europea do Viño. A Deputación de Pontevedra achega para a posta en marcha deste evento deportivo feminino un total de 20.000 €.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.