Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 24 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP demanda ao goberno local a convocatoria de axudas para libros e material escolar

[Img #32751]

 

Desde o grupo Municipal ACiP  a través do Concelleiro Manuel Gregores demanda ao goberno Municipal  a convocatoria das axudas para a adquisición de libros e material escolar para o próximo curso.

 

Lembran que “esta proposta foi aprobada nunha moción presentada por ACiP no ano 2015 e que obrigo á convocatoria o pasado ano de axudas para a compra de libros e material escolar neste Concello cunha contía de 20.000 euros na súa totalidade”.

 

A demanda débese a que “o pasado ano o goberno realizou a convocatoria tarde e  non se pagaron as axudas ata finais de decembro algo inasumible e irresponsable pois as axudas van para familias con problemas en adquirir os libros e material escolar para os seus fillos” explican.

 

Recordan que “cando todos os Concellos xa aprobaron a convocatoria de axudas a data de hoxe este Concello é sempre o último sabendo dos erros cometidos o pasado ano”.

 

Desde ACiP reclaman que “a convocatoria para este ano sexa en todos os niveis de Infantil, Primaria, ESO, Bacharel e Ciclos Formativos para así chegar a todos os alumnos do Concello”.

 

Nas bases de convocatoria deste ano tamén demandad “a corrección de defectos das do pasado ano as cales moitos pais quedáronse fóra da axudas por cometer erros inviables nunhas axudas para libros e material escolar e  que provoco que dos 20.000 euros de convocatoria só gastásense 17.000 cando sempre é ao revés non chega a cantidade económica pare a cantidade de solicitudes”.

 

“A máis nas bases esixían o pago da factura de compra dos libros ou material na solicitude cando o normal é que se acepten un orzamento e a posterior da concesión coa xustificación factura pertinente” din desde ACIP.

 

Por último esperan “unhas axudas para que poidan acceder todos os pais en igualdade de condicións”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.