Domingo, 21 de Septiembre de 2025

Xornal21
Martes, 23 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Representantes de varios concellos de Burdeos estarán esta semana no Porriño

[Img #32756]

 

Catro representantes da Communauté de Communes du Fronsadais, entidade que integra a 18 concellos franceses cos que o Goberno local  ven de establecer unha relación de cooperación en diferentes eidos, estarán no Porriño do mércores, día 21, ao  domingo, día 28.


Devolven, deste xeito, a visita que os concelleiros de Limpeza, Seguridade e Parques e Xardíns, Orlando Márquez, e Educación, Lourdes Moure, fixeran a Francia o pasado mes de marzo e que serviu para que O Porriño poida desenrolar con Fronsadais proxectos semellantes aos que estes concellos de Burdeos xa teñen en marcha con rexións de China e Italia, e que abranguen ámbitos de tanto interese coma a educación, xuventude, cultura, economía, comercio, viticultura, alimentación ou turismo.


Os catro días que os representantes da Communauté de Communes du Fronsadais estarán no Porriño visitarán a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei, dependente do Consorcio de Augas do Louro, presidido pola alcaldesa, Eva García de la Torre; tamén terán a oportunidade de coñecer unha as Adegas La Val; asistirán a diferentes actos do Festival de Cans, coma ‘Debuxa Cans’, a saída dos chimpins ou asistirán á proxección dunha das curtas; terán unha cita nunha das canteiras da vila e tamén gozarán da gastronomía da zona.


Representantes porriñeses e franceses manterán distintas xuntanzas nas que concretarán varias das propostas que estiveron en estudo durante a viaxe dos concelleiros Orlando Márquez e Lourdes Moure a rexión de Burdeos  e porán en marcha os primeiros acordos de colaboración.


Dentro destes está moi avanzada a presentación dun proxecto europeo conxunto en base a propostas educativas que permitan, nun primeiro paso, o intercambio de coñecementos entre estudantes e profesores  de Educación Secundaria desta comunidade de vilas de Francia e dos centros educativos do Porriño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.