Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 23 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Xunta apoia ás asociacións veciñais para acometer proxectos que benefician á cidadanía

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse en Tomiño con representantes das asociacións de veciños beneficiarias das axudas da administración.

[Img #32759]

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse onte en Tomiño con representantes das asociacións de veciños que resultaron beneficiarias da orde de axudas destinada a apoiar os proxectos impulsados por estas entidades. No acto estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e pola alcaldesa, Sandra González.

 

A convocatoria de axudas, que se puxo en marcha por primeira vez o ano pasado, dispón para 2017 dun orzamento de case millón e medio de euros, o que permitirá ás máis de 130 entidades beneficiarias realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso; así como en camiños e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese dos habitantes da contorna, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.

 

 

 

 

A convocatoria, que se puxo en marcha por primeira vez o pasado ano, contou para 2017 cun orzamento de case 1,5 millóns de euros

 

 

 

 

Deste xeito, contribúese a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza, xa que todas estas organizacións traballan moi apegadas á cidadanía e ás súas demandas.

 

En Tomiño, un total de 15 asociacións -todas elas vinculadas á xestión de augas- teñen concedidas axudas por valor de 170.000 euros para este ano, o que o converte nun dos concellos galegos onde existe un maior número de entidades beneficiarias. Supera así ás boas cifras do ano pasado, cando recibiron axudas un total de 11 asociacións desta poboación pontevedresa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.