GALICIA
A Xunta convoca axudas para dotar ás agrupacións de Protección Civil de equipamentos de emerxencias
Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos cunha AVPC inscrita no Rexistro.
O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A liña de axudas que hoxe sae convocada está destinada para a compra de 10 vehículos todo terreo tipo pick-up, 19 remolques para a atención ás emerxencias, 7 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate; ademais de 9 baúis de salvamento, cun orzamento de 847.300 euros.
O goberno galego continua coa premisa de dotar ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de equipamento, o que permitirá mellorar a capacidade de prevención e reducir os tempos de resposta ante riscos e emerxencias derivados dos diferentes sinistros e garantir a seguridade de persoas e bens, así como a protección do ambiente.
A presentación das solicitudes realizarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Requisitos e prazos
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá, e as solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal.
Poderán ser beneficiarios os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos que teñan unha AVPC con persoal voluntario operativo e asegurado inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, ter presentado as contas correspondentes ao exercicio orzamentario 2015, no Consello de Contas de Galicia; non ter recibido axudas para o mesmo equipamento nos últimos cinco anos, incluído o 2017.
Ademais, no caso das mancomunidades ou agrupación de concellos, os servizos de emerxencia e protección civil deberán prestarse de xeito mancomunado. A presentación da solicitude de forma conxunta e mancomunada é incompatible coa solicitude individual dos concellos que a compoñen.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184