GALICIA
A Xunta coordínase coa Garda Civil para mellorar o sistema de busca con drons de persoas desaparecidas
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, achegouse ata esta demostración, na que tamén participou a Garda Civil.
![[Img #32782]](upload/img/periodico/img_32782.jpg)
A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) organizou onte na Estrada un exercicio de coordinación coa Garda Civil para mellorar o sistema de busca con drons de persoas desaparecidas.
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, tomou parte nesta demostración, que se desenvolveu na sede da Academia Galega de Seguridade Pública e á que tamén asistiu o coronel da Garda Civil, Javier Jambrina. A participación da Garda Civil neste exercicio é fundamental en tanto moitas das desaparicións prodúcense no rural galego, onde a vixilancia e protección corresponde a este corpo de seguridade.
O obxectivo do exercicio foi coñecer mellor a utilidade destes vehículos non tripulados e acordar un procedemento para que a mobilización dos mesmos sexa o máis homoxénea e efectiva posible.
A unidade de drons da AXEGA está operativa desde mediados do ano 2016 e xa ten sido empregada na busca de persoas desaparecidas. Actualmente, a Axencia Galega de Emerxencias dispón de catro pilotos habilitados e catro drons.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184