Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 28 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Coruxo e a Deputación de Pontevedra presentan a cuarta edición de “Aprendendo a xogar”

O campus, dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 15 anos, desenvolverase entre o 26 e 30 de xuño nas instalación do Coruxo F.C. e do Club de Campo.

[Img #32798]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o Presidente do Coruxo F.C., Gustavo Falcó, presentaron esta semana a cuarta edición do campus “Aprendendo a xogar”, co que a institución provincial colabora. O programa, que está dirixido a nenas e nenos de toda a provincia nados entre 2002 e 2011 (de entre 6 e 15 anos), celebrarase entre o 26 e o 30 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas, nas instalacións do Coruxo F.C. e do Club de Campo.

 

Carmela Silva asegurou que a cuarta edición de  “Aprendendo a Xogar” se converterá nun acontecemento “extraordinario” e  de grande calidade técnica. Ao respecto, Silva subliñou o incremento do número de nenos e nenas que se están a inscribir pasando “das 780 nenas e nenos que participaron o ano pasado aos 1.050 participantes procedentes de toda a provincia de Pontevedra que, a día de hoxe, están inscritos”.

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra tamén quixo agradecer o papel “das adestradoras e adestradores, das voluntarias e voluntarios, e de todas e todos aqueles que están a formar e a traballar no ámbito deportivo, facendo e construíndo provincia e impulsando actividades que, sen dúbida algunha, quedarán marcadas nas mentes das nenas e dos nenos e nos permitirán construír mellores cidadás e cidadáns”. Neste contexto, Silva fixo fincapé a que, amais da práctica de ata 30 modalidades deportivas, “Aprendendo a xogar” tamén achegará ás pequenas e pequenos formación en primeiros auxilios, igualdade de xénero, xogos populares ou ata reciclaxe.

 

Pola súa banda, o Presidente do Coruxo F.C., incidiu na importancia da colaboración da Deputación de Pontevedra, “que está cada día máis interesada e participativa coa organización deste campus e nos incentiva para que o fagamos un pouco mellor cada ano”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.