Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 25 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O Multiusos das Pozas acolle unha convivencia entre usuarios de Teleasistencia de Mos, O Porriño e Salceda

O obxectivo é o intercambio de experiencias e a prevención do illamento entre os maiores participantes.

[Img #32812]

 

O auditorio do centro Multiusos de Mos, sito nas Pozas, parroquia de Petelos, acolleu onte pola tarde a xa clásica Xornada de Convivencia dos Usuarios do Servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra.

 

Ó encontro asistiron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a deputada Digna Rivas. A actividade consistiu nunha actuación do Mago Noel con espectáculo de maxia, animación e circo seguido dunha merenda amenizada con música e globoflexia.

 

Na xornada estiveron presentes 25 usuarios de Teleasistencia dos concellos de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas. 2 dos usuarios eran procedentes do concello de Salceda e os 23 restantes repartíronse case a partes iguais entre os municipios de Mos e O Porriño.

 

Dende o programa de Teleasistencia estanse levando a cabo unha serie de liñas de actuación cos beneficiarios e familiares do programa, atendendo ás distintas comarcas, entre elas xornadas de convivencia coma a que hoxe se celebrou en Mos.

 

O 2017 é o cuarto ano que se veñen realizando estas actividades. “Esta iniciativa pioneira púxose en marcha en xuño de 2014 e, dende entón, estase a realizar en distintos puntos da provincia ofrecéndolles aos usuarios a posibilidade de pasar unha tarde de lecer, con actividades diversas e merenda, co obxectivo de que poidan contactar con outras persoas, intercambiar experiencias, e romper a rutina o illamento e a soidade”, segundo informou a rexedora de Mos, Nidia Arévalo.

 

O Servizo de Teleasistencia presta apoio a unhas 500 persoas soas de concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra.

 

Neste sentido explicaba Arévalo que “cando a soidade se suma aos problemas de saúde e á idade avanzada, resulta moitas veces difícil permanecer no fogar sentíndose seguro. O servizo de Teleasistencia facilita esta permanencia, ao garantirlle ás persoas de idade avanzada ou con problemas de saúde que viven soas unha atención continuada e a seguridade de que, ante calquera eventualidade, recibirán os coidados que precisan”.

 

Así mesmo a alcaldesa informou tamén de que “trátase na maior parte dos casos de persoas de idade avanzada que viven soas ou que pasan a maior parte do día en soidade, polo que dispoñer dun sistema que lles permite pedir axuda a calquera hora do día os 365 días do ano, con só pulsar un botón, lles dá seguridade e tranquilidade. Todos eles saben que sempre terán alguén a quen acudir ante calquera emerxencia, pero non só iso, senón tamén cando se sintan sós e precisen alguén con quen falar”.

 

De feito, a loita contra a soidade é un elemento central deste programa, que non só inclúe o desprazamento de recursos (061, bombeiros…) cando o usuario sofre algún accidente ou enfermidade, senón tamén visitas periódicas para paliar os sentimentos de ansiedade ou illamento e unha actividade pioneira –iniciada en 2014- orientada a enriquecer a vida social das persoas atendidas mediante xornadas de convivencia como a de hoxe.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.