Gondomar
Nai e fillo, feridos tras ser atropelado por un coche sen freos en Gondomar
Dúas persoas resultaron feridas hoxe en Gondomar tras ser atropeladas por un vehículo. O coche quedou sen freos e levou por diante a unha muller e ao seu fillo, menor de idade. No momento no que se produciron os feitos, no interior do coche non había ninguén.
O atropelo tivo lugar a Avenida do Tranvía, á altura dun colexio. Unha persoa particular alertou da situación ao 112 Galicia ás 14:00 horas desta tarde.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou do ocorrido a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Baixo Miño. Tamén se alertou ao GES do Val Miñor, a Protección Civil, á Policía Local e á Policía Autonómica.
Os efectivos sanitarios mobilizaron unha ambulancia ata o punto para asistir á muller e ao menor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149