Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21
Domingo, 28 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
MOTOR

O Volkswagen Arteon xa está dispoñible en España

[Img #32840]

 

O novo Arteon xa está á venda en España. O novo Volkswagen conta cun look vangardista que marca unha nova pauta de deseño para as próximas xeracións de vehículos Premium de Volkswagen. En concreto, o vehículo reinterpreta o concepto dos fastback á vez que o combina cun exterior carismático e deportivo, un interior espazoso e numerosas opcións de conectividade.


Destaca, ademais de por o seu deseño, por gran espazo interior, pensado para o confort a funcionalidade. Co seu amplo espazo para a cabeza e as pernas - tanto do condutor como dos acompañantes - o Arteon sitúase por encima da oferta tradicional do seu segmento. O seu maleteiro, cunha capacidade de 563 litros, é o máis grande da súa categoría.


Outros elementos de deseño que destacan no carismático Arteon son un frontal completamente novo, no que os faros dianteiros e as luces de posición LED fusiónanse coas barras cromadas en prateado da parilla do radiador e tamén co capó. Ofrece tres niveles de acabados: Arteon, Elegance e R-Line. Os niveis de acabados R-Line e Elegance acentúan aínda máis o carácter elegante e deportivo deste novo Volkswagen, ofrecendo o primeiro un estilo máis clásico, mentres que o segundo transmite unha sensación máis aerodinámica e atlética á aposta de Volkswagen polo segmento Premium.


O Arteon pode equiparse con seis potentes e eficientes motores: tres motores de gasolina e tres motores diésel. Os motores de gasolina son un 1.5 TSI EVO de 110 kW (150 CV) e dous motores 2.0 TSI que entregan entre 140 kW (190 CV) e 206 kW (280 CV). Pola súa banda, a oferta de motores diésel consiste de dous motores 2.0 TDI cunha entrega de entre 110 kW (150 CV) e 140 kW (190 CV), e un motor 2.0 BiTDI CR, cunha potencia de 176 kW (240 CV). De todos eles, o 2.0 TDI de 110 kW (150 CV), o 2.0 BiTDI CR de 176 kW (240 CV) e o 2.0 TSI de 206 kW (280 CV), estarán dispoñibles desde o lanzamento.


Así mesmo, o novo Arteon inclúe unha ampla gama de opcións de conectividade de serie, como os sistemas App Connect, Guide & Inform e Security & Service, o que o converten no modelo referencia en canto a conectividade de Volkswagen.


O prezo do novo Arteon parte dos 41.790€ (sen descontos nin campañas) para o motor 2.0 TDI de 110 kW (150CV) DSG 7, e estará dispoñible nos concesionarios a partir do mes de xuño.


Todas estas características, xunto a uns acabados interiores e exteriores coidados ata o máis mínimo detalle, fan do novo Arteon un vehículo capaz de satisfacer as necesidades dos clientes máis esixentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.