MOTOR
O novo BMW M550D Xdrive
![[Img #32843]](upload/img/periodico/img_32843.jpg)
BMW amplía a familia da Serie 5, a berlina executiva máis exitosa do mundo coa incorporación doutro modelo M Performance. O novo BMW M550d xDrive está equipado co motor diésel máis potente que ofrecese nunca un BMW Serie 5.
Máximo dinamismo e eficiencia
BMW amplía a familia da Serie 5, a berlina executiva máis exitosa do mundo coa incorporación doutro modelo M Performance. O novo BMW M550d xDrive está equipado co motor diésel máis potente que ofrecese nunca un BMW Serie 5. Con este potente motor, o BMW M550d xDrive, xa sexa en versión Berlina ou Touring, garante unha experiencia de condución única que combina un excelente equilibrio entre máximas prestacións, usabilidade para a vida diaria e eficiencia impresionante .
O diésel de 6 cilindros máis potente do mundo
O motor diésel máis potente deste segmento é tamén o motor diésel de 6 cilindros máis potente que ofrecese nunca un coche a escala mundial. O seu propulsor, de tres litros de cilindrada, inclúe avanzada tecnoloxía BMW M Performance TwinPower Turbo con catro turbocompresores. Ademais, entrega unha potencia de 294 kW/400 CV a 4.400 rpm (consumo media: 5,4-6,6 l/100 km*; emisións media de CO2: 142-173 g/km*)** e un par máximo de 760 Nm xa a 2.000 rpm. Incorpora un cambio automático deportivo Steptronic de 8 velocidades de serie. O sistema intelixente de tracción ás catro rodas, BMW xDrive, reparte a potencia segundo as necesidades. Grazas a este equipamento, o BMW M550d xDrive cumpre á perfección as elevadas esixencias dos automóbiles M Performance en canto a dinamismo: acelera en 4,4 segundos* (Touring: 4,6 s*) de 0 a 100 km/h, e a súa velocidade máxima alcanza o 250 km/h (limitada electronicamente).
![[Img #32844]](upload/img/periodico/img_32844.jpg)
Imaxe e prestacións inmellorables
O aspecto do BMW M550d xDrive reflicte o elevado potencial dinámico do vehículo. O paquete aerodinámico M, a suspensión deportiva M rebaixada 10 milímetros, a dirección activa integral e as exclusivas lamias de aliaxe M de 19 polgadas, con pneumáticos de diferentes dimensións, transmiten visualmente as excepcionais prestacións deste modelo deportivo. Xunto co sistema intelixente de tracción ás catro rodas BMW xDrive, asegúrase unha estabilidade de marcha espectacular e a mellor transmisión de forza posible en calquera tipo de estradas. No interior, os asentos deportivos M (opcionais) con tapicería de coiro Dakota ou tea/Alcantara e o volante deportivo M, aseguran o ambiente deportivo exclusivo tan característico dos automóbiles BMW M Performance. Por suposto, todas as tecnoloxías presentes no novo BMW Serie 5 están dispoñibles tamén no BMW M550d xDrive. Entre elas figuran BMW Connected, para garantir un alto grao de conectividade, e unha ampla gama de sistemas de asistencia que proporcionan un excelente apoio ao condutor e achegan ao BMW Serie 5 á condución autónoma.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217