Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 28 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos presenta o seu CIM, que é o número 22 da provincia

Comezará a atender ao público o 1 de xuño.

[Img #32861]

 

O vindeiro xoves, día 1 de xuño, comezará a prestarse atención ao público no Centro de Información á Muller, CIM, do Concello de Mos. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, informaron de que o horario de atención psicolóxica será os luns e mércores, de 09.00 horas a 14.00 horas, e a atención xurídica os martes e venres de 09.00 horas a 14.00 horas e os xoves de 15.30 horas a 20.30 horas; de xeito que o centro estará aberto tódolos días da semana de luns a venres.


O teléfono para pedir cita para o CIM é o mesmo que o do departamento municipal de Servizos Sociais, o 986337278. O Centro de Información á Muller de Mos conta con tres traballadoras: unha directora, que é a psicóloga municipal, unha psicóloga e unha abogada. Precisamente esta mañá a psicóloga e a avogada viñeron a coñecer as instalacións do CIM mosense e as visitaron acompañadas da rexedora local e a edil de Política Social. Ditas instalacións atópanse ubicadas nos baixos do edificio municipal que alberga as dependencias de Urbanismo e Servizos Sociais.

 

[Img #32860]

O edificio municipal no que se atopan os departamentos de Urbanismo e Servizos Sociais contaba con dúas estancias valeiras e dispoñibles para destinar a este novo centro, que ademais, atópase ubicado a poucos metros da Casa Consistorial.


A finais do pasado mes de febreiro anunciábase xa dende a administración local mosense que se estaba a xestionar coa Xunta de Galicia a creación dun Centro de Información á Muller na localidade e que se estaba a traballar nun proxecto que lle sería presentado á Secretaría Xeral da Igualdade. Pois ben, este novo CIM para Mos é xa, tan só tres meses despois, unha realidade.


Ata o de agora os e as mosenses que solicitaban os servizos do CIM, debían acudir ó da veciña localidade do Porriño, feito que cambiará coa implantación dun Centro en Mos, que lles evitará aos/ás usuarios/as ter que desprazarse.


O CIM de Mos é o número 22 da provincia de Pontevedra, e o 81 Centro de Información á Muller de Galicia, xa que actualmente existen 80 na Comunidade Autónoma Galega.


Neste sentido a rexedora local destacou o labor municipal de xestión a prol da igualdade e de defensa das mulleres.


Nidia Arévalo explicou que “o goberno autonómico de Alberto Núñez Feijóo inviste nos CIM o dobre do que investía o goberno encabezado por Touriño”. Engade que “as cifras falan pos sí soas e no último ano de Touriño como presidente da Xunta de Galicia, que foi o 2009, investíronse en total nos CIM galegos 2.411.700 euros, mentres que Núñez Feijóo fixo unha inversión o pasado ano 2016 de 4.235.331 euros”.


Os Centros de Información ás Mulleres son un servizo de titularidade municipal que, entre outras actividades, proporciona asesoramento xurídico e atención psicolóxica especializada tanto a maiores de idade coma ás persoas menores, orientación profesional, teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero, información dos recursos e máis información encamiñada a conquerir a igualdade.


Os 80 CIM galegos existentes actualmente reciben preto de 80.000 consultas anuais (das cales preto de 30.000 son para atención psicolóxica e 10.000 de vítimas de violencia de xénero) e atenden a preto de 20.000 persoas anuais. 20.000 persoas que son na súa maioría mulleres novas, con fillos, cun nivel básico de estudos e das que o 38% está en situación de desemprego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.