SALCEDA DE CASELAS
O Partido Popular desminte os datos aportados polo Goberno Municipal en canto á débeda do Concello
Nas próximas semanas concertarase un novo préstamo por importe de 798.000 euros.
![[Img #32882]](upload/img/periodico/img_32882.jpg)
Santiago Rodriguez Davila, voceiro do Partido Popular, amosa a súa incredulidade ante as últimas declaracións do Goberno Municipal sobre o importe da débeda do Concello de Salceda de Caselas: “non chegamos a entender cómo poden vendernos a panacea en canto á xestión económica ó afirmar que a débeda está por debaixo do millón de euros cando os últimos datos oficiais que temos –datan do 31 de decembro de 2016 e entregados hai uns días- indican que tan só en préstamos o importe ascende a 1.250.000 euros”.
Segundo explican os populares “a este importe hai que engadir en concepto de obrigas pendentes de pago 1.154.000 euros e outros importes correspondentes ó orzamento e ó recoñecemento extraxucial de crédito, entre outros. É decir, é completamente imposible que a débeda do noso Concello se sitúe en tales cantidades que menciona o goberno local”.
Asegura Davila que “ademáis, nas semanas vindeiras o importe só en préstamos superará os 2 millóns de euros posto que se concertará un novo por importe de 798.000 euros, as condicións do mesmo, irá a pleno o venres próximo”.
“Unha vez máis queda de manifesto a manipulación do alcalde e do seu grupo de goberno á hora de transmitir as contas do Concello. A panacea en canto á xestión non é tal xa que dende que é alcalde Besada,a débeda incrementouse nun 280% pasando de 1.5 millóns a máis de 4 millóns de euros (datos do 31 de decembro 2015).
Os populares pídenlle o concelleiro de facenda e o Alcalde, “que deixen de tanto alardear dos seus números –a realidade é ben distinta- e se poñan a traballar no orzamento deste ano 2017, a día de hoxe, aínda estamos á espera de que nos presenten o orzamento” conclúe o voceiro popular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149