Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 30 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Vinteún centros escolares da provincia déronse cita no Campionato Provincial Escolar de Bádminton

O Alcalde de Ponteareas e a Concelleira de Comercio entregaron os trofeos e medallas aos participantes.

O pavillón municipal Álvaro Pino de Ponteareas acolleu esta fin de semana o Campionato Provincial Escolar de Bádminton 2017.


Unha xornada na que participaron máis de douscentos escolares, organizada polo Club Bádminton Ponteareas e o Servizo de Deportes provincial da Xunta de Galicia en colaboración co concello de Ponteareas e Adeconpar.


Dende as nove da mañá ás tres da tarde xogáronse partidos de xeito ininterrumpido en sete categorías: benxamín, alevin masculino e feminino, infantil masculino e feminino e cadete masculino e feminino.

 

 

 

 

Máis de douscentos escolares puideron gozar dunha xornada deportiva no pavillón Álvaro Pino

 

 

 


En total participaron 21 centros educativos, resultando a Agrupación Condado campioa en seis das categorías. Na categoría alevín masculino a vitoria foi para o Club Escuela Rosalía de Vigo.


Ao final do acto os participantes recibiron trofeos e medallas da man do Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, da concelleira de Comercio, Inés Vidal e do representante do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.

 

A organización quere agradecer ás nais, pais e profesores a súa colaboración.

Podiums:
-Categoría Benxamín Masculino/Mixto
1º Condado
2º Agrudebam
3º Colexio Estudio

-Categoría Alevín Feminino
1º Condado A
2º Condado B

-Categoria Alevín Masculino
1º Club Escuela Rosalia de Vigo
2º Condado
3º Agrudebam A

-Categoría Infantil Feminino
1º Condado
2º Agrudebam
3º IES Cotobade

-Categoría Infantil Masculino
1º Condado A
2º Agrudebam/Rosalia de Vigo
3º Condado B

-Categoría Cadete Masculino
1º Condado
2º IES Teis
3ºIES Cotobade A

-Categoría Cadete feminino
1º Condado A
2º Ies Cotobade
3º Condado B

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.