Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 01 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A mosense Antía Caride na final do concurso ‘Gana con tu voz’

Será o vindeiro sábado, 3 de xuño, cando os 30 finalistas seleccionados entre 2.500 participantes, se disputen o premio de gravación dun single.

[Img #32898]

 

A mosense Antía Caride, natural da parroquia de Pereiras, participará o vindeiro sábado, día 3 de xuño, na gran final do programa televisivo ‘Gana con tu voz’ que se realizará en el Centro Comercial Tres Aguas de Madrid.
Antía empezou a cantar desde moi pequena e participou en programas como O Pequeno Gran Show na TVG, pero foi aos 18 anos cando comezou a estudar canto na Escola de Música e Danza MaiSon. Aí foi cando, xunto coa súa amiga Saray Losada, decidiron apuntarse ao concurso Tes Talento?, que se realiza na veciña localidade do Porriño, no que acadaron o 2º posto.


En 2014 Antía Caride presentouse de novo a Test Talento? e nese caso, en solitario, conseguiu quedar en primeiro lugar. A partir de aí seguiu estudando música pero centrouse máis nos seus estudos académicos.


Foi neste mesmo ano 2017 cando a súa parella e a súa nai decidiron apuntala ao concurso ‘Gana con tu voz’, evento colaborador co Casting de ‘La Voz’, no cal se disputan grandes premios como o pase directo á última fase de Casting de ‘La Voz’ e tamén a oportunidade de participar na gran final de ‘Gana con tu voz’, na que os finalistas loitarán pola gravación dun single co produtor musical Tony Sánchez Ohlsson (produtor de grupos como Sweet California).


Xunto con Caride reuníronse en Vigo, no Centro Comercial Gran Vía, máis de 260 participantes no concurso de ‘Gana con tu voz’ que se celebrou a principios do pasado mes de abril e constaba dunha preselección, dúas semifinais e unha final.


Antía chegou á final e, a pesar de non gañar, o xurado formado polos cantantes Angy e Jorge González e o produtor Tony Ohlsson, déronlle a oportunidade de poder asistir como participante na gran final de ‘Gana con tu voz’ que terá lugar este próximo sábado e loitar pola gravación dun single.


O concurso leva sumado xa máis de 2.500 participantes, aínda que á gran final de Madrid só conseguiron ir uns 30 afortunados aproximadamente, entre os que se atopan a mosense Antía Caride.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.