GALICIA
Os encoros de abastecemento da Demarcación Galicia-Costa atópanse ao 96 por cento
As chuvias das últimas semanas permitiron unha lixeira melloría dos caudais circulantes polos ríos, pero sen alcanzar aínda os valores normais para esta época do ano, polo que reitérase a necesidade de facer uso responsable da auga.
Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 76,15 por cento da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento están ao 96,47 por cento, isto é, oito puntos máis que o pasado mes de abril; e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 74,09 por cento. Así se recolle no último informe no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos o 29 de maio, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume de 525,57 Hm3, dos 690,15 totais.
As chuvias rexistradas nas pasadas semanas permitiron mellorar lixeiramente a situación dos caudais circulantes polos ríos da demarcación, non obstante, e de forma xeneralizada, os indicadores de seguimento seguen presentando valores baixos, o que significa que aínda non se acadan os niveis de normalidade para esta época do ano.
Cómpre lembrar que a situación de prealerta por seca activouse debido ao baixo caudal dos ríos, pero o abastecemento á poboación está garantido como indican os niveis de ocupación dos encoros destinados a este fin. Así, dos nove embalses de abastecemento da demarcación Galicia-Costa, tres presentan unha porcentaxe de ocupación do 100 por cento, que son os de Eiras, Zamáns e Beche; e os restantes, agás Vilagarcía, que está arredor do 55 por cento; todos presentan valores superiores ao 90 por cento, como son os de Cecebre, Forcadas, Caldas de Reis, Pontillón do Castro e Baiona.
En relación ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o nivel medio de ocupación sitúase no 74,09 por cento, pois só o do Eume supera o 90 por cento e os de Ribeira, Fervenza, Vilagudín e Touro rondan o 80 por cento. Na táboa seguinte sinálanse os datos do estado actual dos encoros de abastecemento (azul) e de uso hidroeléctrico (verde).
Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase 16 puntos por debaixo, xa que o 29 de maio de 2016 estaban ao 92,17 por cento, fronte ao 76,15 por cento actual.
Na páxina web de Augas de Galicia poden acceder ao Boletín Hidrolóxico, no que se amplía a información sobre a evolución dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2016-2017.
![[Img #32949]](upload/img/periodico/img_32949.png)
Dende Augas de Galicia faise un chamamento a manter a moderación do consumo de auga e o uso responsable deste recurso, dado que a Oficina Técnica da Seca recomenda manter a situación de prealerta por seca, debido ao baixo caudal que presentan os ríos da bacía Galicia-Costa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184