Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 31 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Os Cadetes da AD Tomiño buscan un posto na final de Copa

Antes do partido, o equipo tomiñés recibirá o trofeo de campión de liga.

Logo de gañar a liga con brillantez, os Cadetes da AD Tomiño buscan redondear a tempada accedendo a final de Copa. O encontro, que se disputará a partir das 19:45 no Campo de A Carballa, medirá ao equipo tomiñés co Gondomar FB no que pode considerarse unha final anticipada.


Ademais, minutos antes do comezo do encontro está confirmado que un representante da Federación Galega de Fútbol entregará aos Cadetes da AD Tomiño o trofeo que os acredita como campións de liga, título que obtiveron brillantemente na presente tempada logo de varios anos quedándose ás portas.


Tamén mañá as 19:00, os Alevíns da AD Tomiño buscarán pasar de rolda na competición copeira. No seu caso, está en disputa un posto nas semifinais de Copa e o rival será o UD Atios 'C' no seu campo de O Carballo.


Tanto os Cadetes como os Alevíns da AD Tomiño buscarán emular aos Prebenxamíns vermellos que xa preparan a final de copa que disputarán o vindeiro sábado. A AD Tomiño anima a afección a apoiar aos seus equipos nestes encontros decisivos e especialmente a achegarse a A Carballa mañá mércores para presenciar a entrega do trofeo ligueiro e apoiar ao equipo na súa procura da final.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.