Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 02 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

Correos presenta en Tui a súa web sobre o Camiño de Santiago

[Img #32981]

 

Correos presentou esta semana en Tui a súa web www.elcaminoconcorreos.com na que se recolle información detallada de cada unha das etapas que conforman o Camiño Portugués a Santiago dende Tui ata Compostela. Amais do trazado de cada etapa, tamén oferta información sobre albergues e outros aloxamentos así coma dos teléfonos de interese. Nesta web Correos informa dos servizos que presta ao peregrino coma transporte de mochilas en cada etapa, de bicicletas ata o lugar de partida ou dende a Santiago ata o lugar de orixe, entre outros.


A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do director de zona de Correos, Ángel Pérez, e do xefe de reparto da oficina de Tui, Francisco López.


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou a Correos por esta iniciativa, que contribúe tamén á promoción do Camiño Portugués. Destacou,  nunha nova ocasión, a importancia que o Camiño Portugués ten en e para Tui salientando que é “un dos elementos que nos singulariza”.


O director de zona de Correos, Ángel Pérez, que este mesmo domingo comezará en Tui o Camiño Portugués a Santiago, explicou que a web non vai so dirixida aos peregrinos senón tamén a todos aqueles establecementos que ofertan servizos aos peregrinos. Trátase de facer máis cómodo o camiño ao peregrino e ao tempo de ofrecer un valor engadido. O xefe de reparto de Tui Francisco López, lembrou que na Oficina de Correos contan cun mataselos especial da Catedral para selar a credencial do peregrino, e constatou que cada vez se rexistra maior demanda no transporte de mochilas por etapas, que de Tui a Santiago ten un prezo de 24€.


A web www.elcaminoconcorreos.com recolle tamén en cada etapa o consello dos carteiros locais. No caso de Tui Mª José Uris recomenda aos peregrinos a visita ao Parque Natural do Monte Aloia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.