Martes, 25 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 01 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
Provincia

O Pazo provincial converterase nunha pasarela de moda cun gran desfile de traxe tradicional

Terá lugar o sábado 10 de xuño e desfilarán preto de medio cento de traxes antigos de diversas comarcas do país

[Img #32982]

 

"Sete varas, un refaixo" é o título do desfile de traxe tradicional que reunirá máis de 45 traxes antigos ou reproducións fidedignas o vindeiro 10 de xuño no Pazo provincial. Por primeira vez na Galiza, amosarase unha colección desta magnitude que, nos días previos, tamén contempla outras actividades complementarias como unha exposición no CITA e unha mesa redonda sobre "A indumentaria tradicional na actualidade".

 

Estas actividades están organizadas pola Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, polo Concello de Pontevedra, e pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas. Esta Asociación centra a súa actividade no estudo, recuperación e reprodución de prendas esquecidas ou distorsionadas do traxe tradicional galego, recuperando patróns antigos, o xeito da confección e os tecidos tradicionais. O desfile terá lugar no Pazo provincial, que se acondicionará como unha gran pasarela de moda, aproveitando as escaleiras interiores, o espazo da entrada e a escalinata exterior.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.