Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 03 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O ministro de Administración Territorial de Guinea Bissau visita Tomiño

Unha delegación do país africano visitou esta semana o Concello e o Mercado Municipal, dentro das actividades organizadas polo Fondo Galego de Cooperación, do que o Concello é socio desde hai varios anos.

[Img #32998]

 

O ministro da Administración Territorial da República de Guinea-Bissau, visitou o pasado xoves Tomiño, dentro do programa de actividades que leva a cabo o Fondo Galego de Cooperación (FGC), do que é socio o Concello de Tomiño desde hai varios anos.

 

Acompañado por varias autoridades do seu goberno, o ministro asistiu onte en Compostela ás xornadas “Os retos da cooperación municipalista na consecución dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible)”, organizadas polo FGC, co fin de analizar o papel chave no cumprimento das metas fixadas pola ONU co fin de erradicar a pobreza e as desigualdades no horizonte de 2030.

 

O Concello de Tomiño ofreceuse hoxe ante o Fondo Galego de Cooperación e a delegación ministerial de Guinea Bissau, a acoller técnicos deste país e de outros asociados, que queiran aproveitar as experiencias en desenvolvemento local nas que traballa o municipio.

 

O ofrecemento fíxoo a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, durante a recepción oficial brindada esta mañá á delegación africana.


Nun primeiro momento, o goberno recibiu aos visitantes no salón de plenos, onde a alcaldesa aproveitou para darlles a benvida e comentarlles as características do concello, as bases da súa economía, a estreita relación con Portugal e as políticas de cooperación transfronteirizas con Vila Nova de Cerveira.

 

Pola súa banda, o ministro Sola Naquilin Nabitchita, agradeceu a boa acollida, e lembrou a finalidade principal da visita: lograr apoios, obter información e formación en relación ás iniciativas de desenvolvemento local impulsadas desde o ámbito municipal, para logo tentar aplicalas no seu país. Segundo precisou o rexedor guineano, “o Fondo Galego de Cooperación pode ser a punta de lanza para un intercambio fluído entre pobos galegos e africanos”.

 

Tras asinar no libro de honra do Concello e recibir un agasallo típico galego, a delegación foi conducida ao mercado municipal, onde puido visitar os distintos postos e falar cos praceiros e praceiras.
A visita finalizou co convite a un pequeno almorzo, no propio mercado.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.