Lunes, 22 de Septiembre de 2025

Xornal21
Domingo, 04 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Pleno do Concello aproba solicitar UNED unha aula no Porriño

O Pleno do Concello do Porriño aprobou este mércores solicitar ao Centro Asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Pontevedra que permita a apertura dun aula da universidade na vila.


Hai que lembrar que o pasado 16 de marzo a alcaldesa, Eva García de la Torre, xunto coas concelleiras de Educación, Lourdes Moure, de Emprego, Soledad Girón, a voceira do Grupo Municipal de Non Adscriitos, Sabela Landín, e o presidente dos empresarios do Polígono de A Granxa, Indalecio Cuevas, mantivera unha entrevista coa directora da UNED de Pontevedra, Beatriz Rodríguez, para tentar de traer a O Porriño a devandita aula que, inicialmente, impartiría o Curso de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos pero que, nun futuro próximo, en colaboración co Concello e os empresarios dos polígonos industriais, tendo en conta as necesidades de cualificación profesional dos mesmos, iríase ampliando a outras materias, con prácticas en empresas.


“A nosa  prioridade é, dende que iniciamos este mandato, a xeración de emprego e o mellor xeito de facelo, como amosa a baixada das cifras do paro, é voltar a ollada aos polígonos industriais que temos no Porriño e que empregan a milleiros de persoas”, subliña a alcaldesa.


Con esa intención, “e entendendo que a existencia dunha aula da UNED non debe de ser iniciativa dun so grupo político, senón que toda a Corporación amose o seu compromiso de xeito que o mesmo se manteña, goberne quen goberne , presentamos esta iniciativa”.


Eva García de la Torre lembra que é “imprescindible” poder ofrecer aos cidadáns “unha formación de calidade, que atenda as necesidades das empresas e que facilite que as porriñesas e porriñeses accedan á formación universitaria sen ter que desprazarse a Pontevedra, Tui ou Vigo”.


Con este obxectivo, este pasado xoves, apenas 12 horas despois de que o Pleno aprobase que se solicite a instalación da aula da UNED, a propia alcaldesa, xunto coa concelleira de Educación, e o concelleiro de Urbanismo, Industria e Comercio, estivo visitando e considerando posibles localizacións para esta aula, localizacións que deben cumprir,  característica principal a de poder medrar a medida que o faga o número de materias que se poidan estudar na mesma. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.