Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 05 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta sanciona á empresa responsable do servizo municipal de auga en Vigo con 15.000 euros

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia abriu un expediente sancionador á concesionaria pola falta de gratuidade do seu teléfono de atención ao usuario.

[Img #33015]

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, confirmou a semana pasada en rolda de prensa que o Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC) vén de multar á empresa responsable do servizo municipal de auga en Vigo cunha sanción de 15.000 euros, logo de ter acreditado a posta en funcionamento dunha liña 900, gratuíta e accesible as 24 horas do día os 365 días do ano. Multa que, segundo dixo, a empresa xa  abonou.

 

A normativa de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias establece que nos servizos de carácter continuado deberase dispoñer dun teléfono de atención ao consumidor totalmente gratuíto que deberá estar en funcionamento as 24 horas os 365 días do ano. Este incumprimento está recollido na lei como unha falta moi grave, que pode ser sancionada con multas que oscilan entre os 15.001 e 600.000 euros.

 

No caso concreto de Aqualia, Gestión Integral del Agua S.A. y Fomento de Construcciones y Contratas S.A., ao non apreciar circunstancias atenuantes nin agravantes, o expediente abríuselle por importe de 210.001 euros, no grao medio dos posibles neste caso. Sanción que viuse reducida a mínima, 15.000 euros, ao adaptar a liña telefónica.  

 

 

 

 

O delegado territorial na área confirmou que a compañía xa abonou a multa e acreditou a posta en funcionamento dunha liña 900, accesible as 24 horas do día

 

 

 

 

Con esta actuación o IGC responde a unha denuncia presentada pola Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao”, tal e como salientou o representante do Goberno galego na área territorial, quen lamentou a falla de fiscalización do Concello. “A empresa confirmou que en ningún caso foi informada ou apercibida polo Concello da necesidade de ter a disposición un teléfono gratuíto”, aseverou.

 

López-Chaves defendeu o traballo do departamento de Consumo que “non só atende as denuncias, senón que inspecciona e sanciona sen importar de quen se trate”, dixo nunha mensaxe velada ao alcalde. “Cando se comenten irregularidades nós non miramos para outro lado, trátese ou non de multinacionais, actuamos e sancionamos en consecuencia”, apuntou.

 

En todo caso, o delegado da Xunta en Vigo felicitouse por conseguir que todos os vigueses poidan gozar desde o pasado 17 de maio, data na que a empresa confirma a operatividade do teléfono requirido, dunha liña gratuíta de atención ao usuario tal e como o recolle a lei.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.