CULTURA
Máis de 30 rapaces participan no I Concurso de relatos curtos 'O Son do Pazo'
Durante o mes de maio os participantes foron deixando os seus relatos nuns buzóns situados nos colexios públicos do municipio.
![[Img #33019]](upload/img/periodico/img_33019.jpg)
O Festival Intercéltico 'O Son do Pazo' celebrará este ano a súa terceira edición e a programación paralela xa botou a andar no mes de maio coa convocatoria do I Concurso de relatos curtos 'O Son do Pazo', dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. O mércores concluíu o prazo fixado para que os participantes deixaran as súas creacións nos distintos buzóns instalados nos cinco colexios públicos do municipio e no propio Pazo de Mos e en total, foron 31 os rapaces que depositaron as súas narracións.
A temática dos escritos debía xirar en torno á música galega e o xurado encargado de decidir cales serán os relatos gañadores está formado pola cantante Uxía Senlle, a poetisa María Magdalena Domínguez e a atleta e profesora de lingua galega Soledad Castro. Trátase de tres mulleres de recoñecido prestixio naturais do concello de Mos, que terán a responsabilidade de seleccionar os mellores relatos.
A terceira edición do Festival Intercéltico 'O Son do Pazo' celebrarase os días 1 e 2 de setembro no entorno do Pazo de Mos
A entrega dos premios ás tres mellores narracións realizarase no Pazo de Mos o próximo sábado 24 de xuño. O terceiro clasificado levará un set de xogos de lóxica, o segundo un set de xogos tradacionais e o primeiro un set de xogos para o aire libre. O concurso nace co obxectivo de espertar o interese dos máis pequenos pola cultura e a tradición de Galicia. Dende a organización amósanse moi satisfeitos co nivel de participación e coa calidade dos traballos presentados.
O festival volve a setembro
O Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos será, por terceiro ano consecutivo, a entidade encargada de organizar o Festival Intercéltico 'O Son do Pazo', que volverá contar coa colaboración do Concello de Mos. Outra das novidades na edición deste ano será o retorno á data orixinal, na primeira fin de semana de setembro. Á espera de pechar o cartel definitivo, xa hai confirmados varios grupos de primeiro nivel na escena folc de Galicia, que compartirán escenario cos anfitrións, a Banda de Gaitas Airiños do Castelo, os días 1 e 2 de setembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180