PROVINCIA
Carmela Silva, preocupada pola alta temporalidade dos novos empregos
A Presidenta da Deputación insta á Xunta de Galicia a tomar medidas para combater o problema estrutural do desemprego.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrouse preocupada pola alta temporalidade das novas contratacións que reflexan os datos coñecidos sobre a evolución do desemprego no noso país. Silva subliñou que sempre é unha boa noticia o descenso do número de desempregados, chamou a atención sobre o tipo de contratacións que estanse a facer “pola alta temporalidade e polos salarios indignos que supoñen”.
A Presidenta recoñeceu que aínda que os datos de baixada do desemprego nun 3,13 por cento “é un dato positivo” pero sempre teñen parellos datos negativos como que só o 8,25 por cento dos contratos son con carácter indefinido “polo tanto seguimos estando nunha situación dun deterioro moi importante da calidade do emprego. Emprego temporal con salarios indignos, polo que no temos que estar satisfeitos pola evolución do emprego no noso pais”.
Igualmente mostrou a súa preocupación polo menor ritmo de creación de emprego en Galicia e na provincia de Pontevedra, medio punto porcentual menos que a media estatal, e demandou da Xunta de Galicia unha explicación. “Importante que a Xunta tome medidas sobre esta situación que nos din que en Galicia e Pontevedra creamos menos emprego que no resto do país”, apuntou Carmela Silva. “Temos xa un problema estrutural con emprego de baixa calidade e alta temporalidade e o goberno de España e a Xunta teñen que tomar medidas”, destacou a Presidenta.
Por último, a Presidenta considerou tamén alarmante a situación de menor cobertura das prestacións por desemprego, cunha taxe do 53 por cento, que só afectan a 1,8 millóns de desempregados, “a min me preocupan moito estes datos porque supoñen que hai moitas persoas que non perciben ningún tipo de axuda. É inconcibible. Cando os socialistas saíron do goberno estabamos preto do 80 por cento de cobertura”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158