GALICIA
O salón Turexpo Galicia aumenta un 42% os turoperadores participantes na súa bolsa de contratación
PROCEDEN DE ALEMAÑA, BRASIL, CANADÁ, EE.UU, FRANCIA, GRAN BRETAÑA, CHINA, POLONIA E PORTUGAL, ADEMAIS DE ESPAÑA.
![[Img #33063]](upload/img/periodico/img_33063.jpg)
O VII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2017, o cal se celebrará do 8 ao 11 de xuño conxuntamente coa Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), volverá a celebrar a súa recoñecida Bolsa de Contratación Turística, a cal conta nesta edición cun 42% máis de turoperadores participantes.
Así, no seu marco reuniranse 44 operadores turísticos procedentes de España e doutros nove países con gran interese como emisores de turismo, como son Alemaña, Brasil, Canadá, EE.UU, Francia, Gran Bretaña, China, Polonia e Portugal. En 2016 participaran 31 turoperadores, tamén de dez países.
Estes operadores internacionais e nacionais coñecerán a oferta de 117 empresas do sector do turismo, a gran maioría galegas, as cales supoñen un 44% máis que na pasada convocatoria, cando foran 81. Estas empresas poderán mostrarlles detalladamente as súas propostas aos turoperadores co obxectivo de que as incorporen ás ofertas que farán aos seus clientes nos seus países. Será a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas partes, as cales terán lugar durante o primeiro día e medio do certame.
A maioría destes turoperadores estableceron como preferencias para coñecer nestas reunións as propostas de gastronomía, enoturismo, ocio, cultura e turismo activo, os hoteis, maioristas, turismo rural e empresas de servizos, suscitando tamén interese as axencias de viaxes, parques naturais, organismos oficiais, propostas para turismo de incentivos e congresos e os spas e balnearios.
Esta Bolsa de Contratación Turística, a cal conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia, converterase así nunha inmellorable plataforma de negocio para as empresas participantes e o sector turístico galego.
Así mesmo, serán destacables as sinerxías que se crearán entre os participantes nesta Bolsa e o paralelo Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca.
Viaxe de familiarización
A estas mesas de negocio a Bolsa de Contratación engadirá dende o venres día 9 pola tarde ata a mañá do domingo 11 un post-tour, unha viaxe de familiarización que levará aos turoperadores a varios lugares de Galicia.
Así, o venres acudirán á zona do Salnés, cunha visita guiada por Cambados e unha cena na adega Condes de Albarei. Xa o sábado realizarán un paseo pola ría de Arousa en dúas embarcacións tradicionais de madeira centenaria, no que poderán coñecer de cerca o cultivo do mexillón e contemplar a illa de Cortegada, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, ou o islote Areoso. Tamén desfrutarán dunha comida no Pazo de Rubianes, en Vilagarcía de Arousa, con visita guiada polos seus xardíns e viñedos e o propio pazo.
En canto ao domingo pola mañá, visitarán no marco deste post-tour distintos lugares de Santiago de Compostela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184