Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 06 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello emprende un proxecto a inserción das usuarias das Escravas da Virxe Dolorosa

A iniciativa plantéxase como un plan de voluntariado recíproco.

[Img #33066]

 

O Concello de Mos dende as concellerías de Promoción Económica e Emprego que dirixe o edil Óscar Soto Abadín e de Política Social, que dirixe a edil Sara Cebreiro, iniciou un proxecto de colaboración coas Escravas da Virxe Dolorosa en materia de emprego e formación. Precisamente nunha das xornadas de formación estiveron presentes os concelleiros Soto e Cebreiro, xunto coa alcaldesa mosense, Sara Cebreiro.


Este proxecto contempla un programa de voluntariado recíproco entre Escravas e administración local que comeza con labores de limpeza das dependencias municipais para as que as usuarias das Escravas da Virxe Dolorosa e as traballadoras da limpeza participaron en diferentes tipos de sesións formativas impartidas polo director das Escravas, Leví Olivares, e polo psicólogo do centro. Entre elas incluíronse 2 horas de formación ás participantes sobre habilidades socio-laborais para tratar que é o voluntariado, onde se pode ser voluntaria, que hai que facer para ser voluntario, que achega o voluntariado e cumprimentación dos formularios necesarios; 2 horas de formación ás traballadoras de limpeza do Concello de Mos para tratar quen son as Escravas da Virxe Dolorosa, explicarlles o programa ás traballadoras municipais, así como o concepto de persoa discapacitada e como traballar man a man e coordinarse cunha persoa con discapacidade, e respostarlles todas as dúbidas que lles puidesen surxir; e por último, unha hora de formación ás participantes para tratar os requirimentos individuais para participar no programa, explicar como será a organización do taller de limpeza (centro e voluntariado, días, horarios, etc.) e respostar ás preguntas das participantes.


A parte de inserción colaborativa, é dicir, das prácticas no que a labores de limpeza se refire, serán dous días á semana, seis horas cada día facendo ás veces de ‘compañeira de tarefa’ das traballadoras municipais. As primeiras semanas será un acompañamento diario, segundo os días que asistan, e posteriormente se espaciarán no tempo. A primeira avaliación será ao final do primeiro mes e posteriormente cada tres meses.


O obxectivo do programa é que as usuarias do mesmo poidan gozar dunha experiencia de inclusión, poñendo en práctica as competencias persoais das participantes, nun contexto normalizado e real. Búscase ofrecer oportunidades de inserción a estas persoas con discapacidade para que poidan definirse profesionalmente e incluirse na sociedade. As participantes poderán adestrar habilidades sociais e laborais, por tanto ampliar a súa experiencia e aumentar as súas posibilidades de inclusión social.


De aquí nace a necesidade de crear este programa e así poder atender ás necesidades das participantes e á vez sensibilizar á poboación de Mos respecto das posibilidades de inclusión das persoas con discapacidade intelectual.


Actualmente, dentro das habilidades que normalmente desenvolven as usuarias do Centro das Escravas, está a elaboración de cartonaxe para empresas de Mos, de marmeladas caseiras, así como práctica, incluso a nivel paralímpico, de distintas disciplinas deportivas, entre outras; por iso outra das posibilidades de colaboración sería que desenvolvesen en espazos municipais actividades relacionados coa agricultura ecolóxica, elaboración de produtos ecolóxicos ou labores de hostalería, etc.


Proxecto de voluntariado recíproco
Este trátase dun proxecto de voluntariado no que, por unha banda, voluntarios/as do municipio ou municipios limítrofes, poderán dar apoio ás usuarias das Escravas en actividades de lecer, entre as que se atoparían acompañar a algunhas das usuarias a partidos do Celta de Vigo, xa que son fans deste equipo; e doutra banda, elas tamén teñen interese en participar en proxectos de voluntariado do Concello, como as labores de limpeza para as que están a ser formadas, e outros proxectos como o programa Mos Axuda.


Ademais o Centro de Escravas da Virxe Dolorosa, está adherido á Rede de Asociacións do municipio. Pode visibilizarse esta Rede a través do Facebook común, que é a ferramenta común que teñen as asociacións para coordinarse, cooperar e publicitar as súas actividades. O Concello, tivo a iniciativa para crear esta Rede a través do programa Faite Dixital de Amtega (Xunta). O Centro das Escravas está adscrito á Rede, o que lle facilita que as súas iniciativas sexan visibles e que outras entidades poidan colaborar con elas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.