GALICIA
Galicia rexistrou máis de 23.000 raios durante o mes de maio
Segundo o informe mensual de Meteogalicia, o pasado día 26 chegáronse a contabilizar máis de 9.000 raios, o valor máis alto nunha xornada desde que se recollen datos.
A Comunidade galega rexistrou un total de 23.612 raios durante o mes de maio. Segundo o informe meteorolóxico mensual que hoxe deu a coñecer Meteogalicia, a mestura de masas de aire cálido en superficie e frío en altura deron lugar á inestabilidade e a chuvascos tormentosos, especialmente significativos o día 26, cando se contabilizaron máis de 9.000 raios, isto é, o valor máis alto nunha xornada desde que existen datos.
Segundo se detalla neste informe, os pasados 25 e 26 de maio unha borrasca moi activa deu lugar a tormentas acompañadas de aparato eléctrico, que, en concreto o día 26, deixaron na Comunidade máis de 9.000 raios. Trátase da cifra máis alta desde 2010, cando se comezaron a tomar datos sobre estes fenómenos meteorolóxicos. Previamente, o día 9, xa se vivira unha situación moi semellante, pois unha borrasca situada nas Azores achegouse a Galicia e provocou inestabilidade e chuvascos intensos, na maioría dos casos de carácter tormentoso. Así, na metade leste da Comunidade, isto é, a provincia de Lugo e o leste de Ourense, caeron un total de 8.716 raios.
Estes episodios de chuvias e treboadas foron provocados polo paso de frontes moi activas, que deixaron, ademais, precipitacións de intensidade moderada e forte cunha media de 126 litros por metro cadrado
Tal e como recolle o informe mensual de Meteogalicia, estes episodios de chuvias e treboadas estiveron motivados polo paso de frontes moi activas, que deixaron precipitacións de intensidade moderada ou forte. Deste modo, os valores medios de precipitacións rondaron os 126 litros por metro cadrado, o que significa que se situaron por encima do que adoita ser habitual no mes de maio. Os rexistros de chuvias máis altos localizáronse na montaña interior de Pontevedra, na comarca do Sar e interior de Noia. Pola contra, os máis baixos acadáronse no litoral das comarcas de Bergantiños, A Coruña e Valdeorras. Así e todo, se ben as precipitacións foron superiores ao normal nesta época do ano, os días de chuvia foron lixeiramente inferiores ao que cabería agardar.
Ademais, maio caracterizouse por ser un mes extremadamente cálido. Así, no que respecta ás temperaturas, cómpre destacar que foron ascendendo ata alcanzar valores superiores aos 35 graos nalgúns puntos de Galicia, concretamente, na xornada do pasado día 24, cando se localizaron en Ourense os valores máis elevados da serie histórica nun mes de maio. Deste xeito, as temperaturas máximas obtiveron unha media de 21,1 graos, rexistrándose na alta montaña de Ourense e Serra do Xistral os valores máis baixos, isto é, arredor dos 15 graos. Mentres, na comarca do Ribeiro, as temperaturas alcanzaron unha media de 26 graos. En canto ás mínimas, é importante sinalar que a media situouse nos 10 graos, tomándose no macizo de Manzaneda e nas zonas altas das comarcas de Viana e Valdeorras os valores máis baixos -preto dos 6 graos- e os máis altos no litoral das Rías Baixas, onde se rexistraron temperaturas próximas aos 14 graos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184