Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 07 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A AD Tomiño celebra o título de Copa dos seus Cadetes

Os Prebenxamíns foron subcampións e os Alevíns tamén xogarán a final.

[Img #33080]

 

Logo de gañar con brillantez a liga e conseguir o ascenso á Primeira División Autonómica, os Cadetes da AD Tomiño proclamáronse o sábado campións de Copa ao impoñerse ao Colegio Hogar SR 'B' por 1 gol a 3 na final disputada en Coia.

 

Os rapaces adestrados por Jesús Cabezas e Bruno González conseguiron así un dobrete de liga e copa cunha traxectoria impecable que os levou a final do sábado gañando todos os encontros do torneo copeiro.

 

O éxito dos Cadetes tomiñeses súmase ao subcampionato copeiro que obtiveron o mesmo sábado os Prebenxamíns da AD Tomiño e á clasificación para a final que obtiveron os Alevíns do club e que disputarán nos próximos días ante o Rápido de Bouzas 'E'.

 

A AD Tomiño celebra os bos resultados dos seus tres equipos na Copa así como o bo facer de todas as súas categorías nos campionatos ligueiros con boas clasificacións como o primeiro posto dos Alevíns na segunda fase da tempada ou a permanencia en primeira autonómica dos Xuvenís un ano despois de ascender.

 

Para o club, estes bos resultados deportivos non fan máis que avalar o traballo que se leva facendo durante anos apostando por adestradores titulados e pola formación deportiva e persoal dos rapaces e rapazas que forman o club.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.