SALCEDA DE CASELAS
A Xunta destinará preto de 60.000 euros á reposición de beirarrúas na travesía da PO-411 en Soutelo, Salceda
O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, informou desta actuación á Asociación de Comerciantes Tabernanova.
![[Img #33083]](upload/img/periodico/img_33083.jpg)
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), destinará preto de 60.000 euros á reposición das beirarrúas da travesía da estrada autonómica PO-411 en Soutelo, no concello de Salceda, e concretamente entre o p.q. 1+500 e o 1+880.
Esta actuación ten un prazo de execución de dous meses, e levarase a cabo neste mesmo verán. Así mesmo, posto que se trata dunhas obras de reposición de beirarrúas, non son necesarias expropiacións, e realizaranse en terreos de Dominio Público adscritos a Axencia Galega de Infraestruturas.
As obras consistirán na demolición da beirarrúa existente, a instalación dun novo bordo e a execución de novas beirarrúas de formigón
O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, explicou a semana pasada á Asociación de Comerciantes Tabernanova de Soutelo a actuación programada polo Goberno galego no termo municipal de Salceda de Caselas. O obxectivo é a mellora do estado das beirarrúas no devandito tramo de cara a recuperar a funcionalidade das beirarrúas, xa moi antigas e deterioradas polo paso do tempo, así como a mellorar a imaxe dunha travesía que constitúe a zona comercial de Soutelo.
As obras consistirán na demolición da beirarrúa existente, a instalación dun novo bordo e a execución de novas beirarrúas de formigón. Trátase dunha solución que permitirá dotar a esta travesía dunhas beirarrúas axeitadas para o tránsito das persoas ata que se leve a cabo a instalación planificada dunha nova rede de saneamento, que obrigará a unha renovación máis completa dos servizos e beirarrúas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149