NIGRÁN
Os colexios participantes na 'VIII Carreira Solidaria' entregan 1.340 euros para as familias necesitadas do municipio
![[Img #33097]](upload/img/periodico/img_33097.jpg)
Representantes de alumnos e profesores dos centros de Educación Especial de Panxón, do Juan María de Parada, da escola de educación infantil As Dunas e do colexio A Cruz de Camos entregaron esta semana nos Servizos Sociais do Concello de Nigrán 1.340 euros en vales de supermercado recadados na VIII Carreira Solidaria. O xa tradicional evento deportivo, organizado polo colexio público de Panxón con motivo da Semana da Paz, contou un ano máis con cadanseu patrocinador adulto por cada corredor (este 'padriño' paga un prezo previamente acordado entre eles por cada volta ao circuíto completada). O diñeiro recadado, como é habitual, destinouse íntegramente a vales de supermercado que o departamento de Servizos Sociais distribuirá entre as familias que o precisan, sendo especialmente indicados para a compra de produtos frescos.
"Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas aos docentes pola organización e aos nenos pola súa participación imprescindible", manifestou o alcalde, Juan González, na recepción desta semana.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149