Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 10 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas protexe os corazóns

Policía, bombeiros e traballadores municipais realizaron un curso para manexo dos desfibriladores.

[Img #33098]

 

A concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, fixeron entrega nesta semana dos diplomas do curso sobre o funcionamento dos dispositivos desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) desenvolto dende  comezos do mes de abril.

 

En concreto foron tres bombeiros, un policía local e tres traballadores municipais de instalacións deportivas os que realizaron con éxito este curso, que estaba homologado pola Consellería de Sanidade dependente da Xunta de Galicia.

 

Ambos concelleiros agradeceron aos traballadores a súa implicación e destacaron o compromiso que tiveran e as ganas que amosaron de cara a mellorar a súa formación neste eido.

 

Ponteareas Vila Cardioprotexida
Este curso enmarcábase nun proxecto iniciado pola Concellería de Seguridade Cidadá para facer de Ponteareas unha vila cardioprotexida. O seu obxectivo era mellorar a formación de diversos traballadores municipais. Debemos recordar neste sentido que o Concello víu de instalar, este ano, tres desfibriladores de última xeración nos campos de fútbol de Pardellas, Angoares e Areas, instalación deportivas de grande afluencia e utilización.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.