O PORRIÑO
Rueda pon en valor o traballo de Alejandro Lorenzo á fronte do PP do Porriño
O presidente provincial considera fundamental o labor do novo equipo para recuperar en 2019 a maioría absoluta.
![[Img #33167]](upload/img/periodico/img_33167.jpg)
O presidente do Partido Popular da provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, puxo en valor o traballo de Alejandro Lorenzo á fronte do PP do Porriño, elixido no congreso local o pasado mes de marzo. Foi durante a reunión que mantivo esta semana co Comité Executivo local e á que acudiu tamén a coordinadora de organización comarcal, Luísa Piñeiro e o coordinador de Acción Electoral, José Juan Durán.
Alfonso Rueda incidiu ademais na necesidade de continuar traballando coas mesmas ganas e a mesma ilusión ca a destes meses. “É fundamental o laborque estades facendo tanto no partido como no grupo municipal, escoitando a todo o mundo e ao pé da rúa. Ese é o camiño para recuperar en 2019 a maioría absoluta do Partido Popular”.
Ademais o presidente popular fixo fincapé en que a súa formación ten que “ter un equipo forte en cada un dos concellos da provincia, porque o PP é o único partido que sae a gañar eleccións. Os demais confórmanse con ser segundos, ou incluso lles vale con obter algún concelleiro. Nós non, o Partido Popular sae a conseguir os mellores resultados sempre”. Un obxectivo, o de actualizar e renovar equipos, para o que a dirección provincial está traballando durante este ano 2017, coa celebración de máis de 10 congresos locais, ademais de unha segunda quenda de congresos prevista para despois do verán.
Alejandro M. Lorenzo sinalou que “o equipo mantén a ilusión e as ganas do primeiro día, algo esencial para conseguir os obxectivos que nos marcamos e ir fixando novas metas”
Pola súa parte, o presidente dos populares do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, cualificou como “moi positivos” estes meses á fronte do partido, “o equipo mantén a ilusión e as ganas do primeiro día, algo esencial para conseguir os obxectivos que nos marcamos e ir fixando novas metas”. Neste sentido, destacou o avanzado nestes meses, “traballando todos da man, aportanto e construíndo xuntos un proxecto ilusionante que agardamos reflicta a forza do noso equipo e no que todos se sintan importantes”.
Unha das prioridades nas que o novo equipo centrou o seu traballo foi en reactivar o partido en todos os niveis como, por poñer un exemplo, de xeito interno a organización do censo de afiliados para poder manter un contacto directo con todos eles, sendo esta unha das bases do novo proxecto do PP porriñés e lembrou que, “nos próximos días, estes recibirán os seus carnés”.
Por outra banda o presidente destacou a boa coordinación entre a executiva e o grupo municipal "clave para acadar os nosos obxectivos, que non son outros que dar resposta ás inquedanzas e necesidades dos veciños e veciñas do Porriño".
Os populares están traballando ademais no Congreso de Novas Xeracións, unha das prioridades principais dado o peso q xente máis nova ten no proxecto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17