PONTEAREAS
ACiP considera “unha burla” o anuncio das obras do Paseo Matutino
![[Img #33152]](upload/img/periodico/img_33152.jpg)
Raquel Bautista Alfaya,Vice portavoz de ACiP considera que o anuncio feito pola Concelleira de Vias e Obras sobre as obras do Paseo Matutino, “son unha auténtica burla para os veciños e veciñas da zona que hai anos que veñen reclamando a mellora integral da zona”.
Segun o portavoz independente, “en lugar de realizar as obras prometidas, o Concello limítase a poñer “un parche”, arreglando unha beirarrúa, un bordillo e tapando os baches de xeito provisional”.
Bautista Alfaya chama a atención que o Paseo Matutino, no que viven centos de veciños e veciñas “foi xa marxinado no seu momento deixándoo sen alumeado festivo” e permitindo que as súas zonas verdes e de recreo “estean no máis absoluto estado de abandono” a mais a falta da presencia da policia local . Lembralle ao Goberno local a concelleira de ACiP que “o vecindario do Paseo Matutino paga os seus impostos ao igual que calquera outro veciño” e considera que é “absolutamente inxusto o trato que se lle da a zona por parte do Goberno local que a ten no máis absoluto abandono”.
Raquel Bautista Alfaya preguntase a que dedica o seu tempo a concellería de Vías e Obras “xa que o estado de abandono no que está o casco urbano, é igual ao que sofren as parroquias”. Os impostos que pagan os cidadáns, afirma o portavoz de ACiP “teñen que revertir necesariamente na mellora da calidade de vida da cidadanía, ofrecendo mellores servizos e dándolle unhas infraestructuras dignas e acordes aos tempos que vivimos”, remata Bautista Alfaya.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149