PROVINCIA
O Goberno de Carmela Silva destina preto de 700.000 € para oito novos proxectos en concellos da provincia
As achegas, enmarcadas na liña 1 do Plan Concellos 2017, están destinadas a reformar rúas municipais, a mellorar sendas peonís e ciclistas, ao saneamento e a acondicionar paseos fluviais, centros culturais e espazos públicos nos concellos de Agolada, Lalín, Moaña, Pazos de Borbén, Redondela, O Rosal e Tomiño.
![[Img #33153]](upload/img/periodico/img_33153.jpg)
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de axudas por valor de case 700.000 € para que sete concellos da provincia poidan acometer oito novos investimentos nos seus termos municipais. En concreto, benefícianse das achegas Agolada, Lalín, Moraña, Pazos de Borbén, Redondela, O Rosal e Tomiño para, tal e como informou a Presidenta provincial, “levar a cabo reformas de rúas así como melloras no saneamento e proxectos de sendas peonís e ciclistas, paseos fluviais, centros culturais e espazos públicos”.
Carmela Silva subliñou que “coas axudas aprobadas esta mañá, que ascenden a preto de 700.000 €, levamos xa distribuídos case 14,4 millóns de euros, é dicir, o 56% da liña 1 que, como saben, este ano ten un orzamento de 25.750.000 €”. A Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou a importancia destas achegas “sen as que os concellos da nosa provincia dificilmente poderían facer fronte ás súas competencias, impulsar novos investimentos ou novos proxectos en beneficio das súas veciñas e veciños”.
O concello de Agolada recibirá 97.248,21 € para a mellora de camiños de titularidade municipal con firme de formigón. Con esa aprobación, o concello ten xa adxudicado o 100% do Plan Concellos a través do cal a Deputación de Pontevedra achega 506.741,11 € á vila.
No caso de Lalín, o Goberno da institución provincial aprobou destinar 76.468,25 € para acondicionar o paseo fluvial do Río Pontiñas e a zona do Auditorio de Lalín. Ata o momento, Lalín ten adxudicado o 54,85% do orzamento do Plan Concellos que lle corresponde para este ano.
Pola súa banda, Moaña recibirá 171.380,13 € dos cales, segundo informou Carmela Silva, 99.380,13 € serán para a reforma do centro cultural “Daniel Castelao” e 72.000 € para o acondicionamento da antiga Casa do Concello e Praza de Abastos. Con estas achegas, Moaña ten o 62,81% do Plan Concellos 2017 aprobado.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra tamén aprobou destinar 76.479,62 € para que Pazos de Borbén invista na senda peonil e ciclista entre Moscoso e Xunqueiras. O concello ten, ata o momento, o 85,19% do orzamento que lle corresponde do Plan Concellos deste ano.
No caso de Redondela, o concello recibirá 88.365,26 € para o saneamento no barrio das Nogueiriñas, O Viso e Redondela. Con esta aprobación, o concello ten xa adxudicado o 52,34% do Plan Concellos 2017.
Pola súa banda, O Rosal recibirá 71.995 € para a mellora parcial da estrada de Couselo. Esta achega, sumada ás xa aprobadas ata o momento no concello, significan o 40% do orzamento que lle corresponde ao Rosal do Plan Concellos 2017.
Amais, Tomiño beneficiarase de 103.792,97 € para o financiamento de investimentos na senda peonil no camiño novo. No caso deste concello, con esta aprobación, ten adxudicado o 71,62% do Plan Concellos deste ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85