Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 10 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

María Fumaça, a locomotora que encabeza o Festival Canto Conto

O equipo de goberno mosense presentou esta mañá a segunda edición do festival musical infantil incluído na Festa da Rosa.

Onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e a edil de Participación Cidadá, Kely Monzón, presentaron xunto ao resto do equipo de goberno local e As Maimiñas, a II Edición do Festival Canto Conto que se celebrará o 18 de xuño dentro da programación das Festas da Rosa 2017. A cabeza de cartel do festival deste ano será María Fumaça.


O Concello de Mos organiza por segundo ano consecutivo, dentro das Festas da Rosa, o II Festival Canto Conto que o ano pasado foi todo un éxito. Esta segunda edición, tamén con entrada gratuíta, contará coas actuacións nos exteriores do Pazo de Mos dende as 12.00 horas ata as 20.00 horas do domingo 18 de xuño de Mamá Cabra, BrincaVai, María Fumaça e Uxía Lambona e a banda Molona. O fin de festa celebrarase cunha Festa da Espuma.


Dende hai uns anos o Concello de Mos está moi concienciado e volcado na conciliación da vida familiar e laboral e, por iso, tamén reflicte dita filosofía conciliadora no programa de actos da Festa da Rosa, no que se soe incluír un amplo abano de actividades para gozar en familia. Tal é o caso do Canto Conto, un festival de música infantil para toda a familia. Neste sentido a rexedora local mosense declaraba esta mañá que “hoxe en día polo estilo de vida que temos, os pais e a as nais pasamos menos tempo do que nos gustaría cos nosos fillos, é por iso que fan falta actividades coma esta para disfrutar en familia e que dende o Concello estamos encantados de poder ofertar ás familias mosenses con motivo das Festas da Rosa”.


María Fumaça
María Fumaça, cabeza de cartel do Festival Canto Conto e grupo pregoeiro da Festa da Rosa deste ano, é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos... viaxan no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá.


Ademais o proxecto María Fumaça ten un importante compoñente social. María Fumaça é grupo mosense con integrantes da familia Senlle e encabezado polo entrañable Rui; que é todo un exemplo de integración social e afán de superación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.