Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 12 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva subliña que coa Festa Castrexa de A Guarda coñecerase a cultura da cultura da época e o monte

A Presidenta da Deputación presentou o fito conmemorativo dos cen anos de creación do Museo Arqueolóxico do Trega.

[Img #33155]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Elena Baz, e o presidente da Asociación de Veciños de A Guarda, Manuel Castro, presentaron a semana pasada en Pontevedra a segunda Festa Castrexa na que estiveron presentes os representantes das comunidades de montes, que celebrarase os días 24 e 25 de xuño, da que Silva destacou que vai servir para coñecer a cultura da época e o patrimonio dos montes do concello pontevedrés.

 

Manuel Castro salientou que nesta edición decidiron  ampliar a dous días a duración da festa polo éxito acadado aumentando tamén as actividades. Castro destacou que a festa segue a ser unha iniciativa das tres comunidades de montes de Salcidos, A Guarda e Camposancos.

 

Pola súa parte, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, manifestou que o concello ven colaborando coa organización desta festa e subliñou que “pode animar a moita xente a visitar A Guarda e coñecer todo o noso patrimonio cultural e medio ambiental”.

 

[Img #33156]A Presidenta da Deputación felicitou as tres comunidades de montes e ao concello  pola posta en marcha desta festa que pon en valor unha das “cuestións que nos fai únicos e que está a ter unha gran atracción de turismo como é a cultura castrexa”.

 

Entre as actividades que a festa vai ter, ademais das tradicionais de música, gastronomía ou xogos, a Presidenta destacou as rutas que vanse celebrar entre o sábado e o domingo. A primeira delas, que será o sábado 24, polos camiños forestais e carreiros do Monte Trega, onde se irá explicando a localización dos xacementos e os aspectos menos coñecidos deles: como vivían os castrexos e castrexas, as agrupacións de construcións e a función de cada unha, ensinar e explicar o movemento dos asentamentos ao longo dos anos. Entre estes xacementos a visitar está o denominado “sector Mergelina”, descuberto nos anos 30, cuxa escavación se fixo no marco do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos da provincia de Pontevedra. A segunda ruta será cabalar o domingo 25 para coñecer os montes e o seu patrimonio natural.


Por outra parte, Carmela Silva anunciou a firma dun convenio co concello de A Guarda, asinado esta mesma mañá con Antonio Lomba, para a elaboración pola Escola de Cantería dun fito conmemorativo  dedicado á Sociedade pro Monte Santa Tegra fundada en 1912, a institución que impulsou a creación do museo arqueolóxico MASAT, ubicado no cume do Monte Santa Trega.

 

Este fito é un menhir  realizado polo alumnado da Escola de Cantería de 2.000 kg, feito en granito silvestre galego de 0,80 metros de ancho e 1,95 m de alto. A peza leva releves relacionados cos achados que apareceron nas escavacións de Trega e será inaugurado mañá mesmo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.