PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra destina 200.000 € para impulsar proxectos de igualdade
A través destas axudas, 50 concellos de menos de 20.000 habitantes porán en marcha plans de igualdade, programas de formación e sensibilización e escolas de familia.
![[Img #33163]](upload/img/periodico/img_33163.jpg)
O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de axudas para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero en 50 concellos da provincia de menos de 20.000 de habitantes, por un importe global de 200.000 €. Estas achegas permitirán a posta en marcha de diferentes proxectos nos concellos como plans de igualdade, programas de formación e sensibilización e escolas de familia.
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou entre os proxectos que se subvencionan a elaboración dos plans municipais de igualdade, actuacións encamiñadas á mellora da formación e orientación de mulleres cara ao emprendemento, a posta en marcha de servizos de conciliación laboral e familiar, a realización de obradoiros de coaching para mulleres, a creación de escolas de familias para a educación en igualdade e tamén diferentes programas para a sensibilización e prevención da violencia de xénero.
Carmela Silva destacou a “vital importancia” destas axudas xa que “permiten aos concellos de menos de 20.000 € destinar os recursos necesarios para traballar a prol dunha verdadeira igualdade e para poñer freo a unha das peores lacras ás que ten que facer fronte a nosa sociedade, que é a violencia machista”. Ao respecto, cabe lembrar que no que levamos de ano 31 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas, e catro fillos e fillas destas quedaron orfas. Son datos aterradores que nos obrigan a tomar todas as medidas posibles para acabar cunha sociedade machista que se cobra vidas cada semana.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85