As Neves
As Neves recupera o Lavadoiro da Pousa
Nas últimas semanas o Concello reparou o lavadoiro situado en San Pedro de Batalláns no ámbito do regato Pousadouro.
![[Img #33179]](upload/img/periodico/img_33179.jpg)
Por medio dunha subvención xestionada entre o Concello e a Deputación de Pontevedra puido levarse a cabo esta obra de recuperación do Patrimonio.
As obras consistiron na reparación completa do Lavadoiro da Pousa. Reparouse o tellado que estaba a punto de cair, o lavadoiro, a fonte e os muros. Tamén se drenou o terreo para facelo máis accesible e utilizable pola veciñanza.
O Concello continuará coa intención de por en valor os elementos patrimoniais, animando a veciñanza máis próxima a que sexan quenes poidan coidar e manter estes lugares mediante o seu uso como fonte, lavadoiro ou como lugar de encontro e esparcimento válido para maiores e xoves.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168