Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 13 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva anima aos bolseiros e bolseiras do Plan de Práctica Laboral a aproveitar a súa experiencia na administración pública

A Presidenta da Deputación deu a benvida aos 181 integrantes do plan que repartiranse entre os concellos da provincia e na institución provincial.

[Img #33192]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, animou onte aos bolseiros e bolseiras do Plan de Práctica Laboral a aproveitar a súa experiencia na administración local e a “tomalo con ilusión e con motivación porque realmente se aprende moito porque ides traballar con técnicos e técnicas que vos van a saber transmitir toda a súa experiencia”.

 

Carmela Silva recibiu hoxe no Pazo Provincial aos 181 integrantes do Plan de Práctica Laboral que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra para os concellos da provincia e para os propios servizos da institución provincial. Este ano ofertáronse  200 bolsas, ao igual que o ano pasado, presentáronse preto de 1000 persoas  e adxudicamos 181 para mozos e mozas con títulos universitarios ou ciclos formativos de grao superior de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito das súas titulacións e coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

 

A Presidenta da Deputación recordou que as bolsas son por seis meses  aínda que prorrogables outros seis meses máis, “polo que é un ano de experiencia que tamén vos pode servir para o voso currículo. Porque sempre que un preséntase nun posto de traballo se pide  que a xente sexa xoven pero tamén que teña experiencia e a administración pública é un entorno onde ides poder coller un bo coñecemento”.

 

Silva tamén  aproveitou as súas verbas de benvida para instar a todos os bolseiros e bolseiras a actuar con liberdade para comentar todas aquelas cousas que non funcionen ben, ou que se podan mellorar “non dubidedes  en comentalo porque nos tamén aprendemos de todo aquelo que consideredes porque ademais  a esta administración o que nos vale é que estas prácticas vos sexan útiles”, concluíu a Presidenta da Deputación.

 

No acto de benvida tamén participou unha bolseira da anterior edición do Plan de Práctica Laboral, que prestou o seus servizos no concello de Caldas, que comentou a súa experiencia dun ano, animando a todos e todas a aproveitar este periodo de tempo para coñecer máis en profundidade a administración local.

 

As bolseiras e bolseiros irán aos distintos servizos da Deputación de Pontevedra e aos 58 concellos de: Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, O Porriño, Pazos, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontecesures, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.