Martes, 23 de Septiembre de 2025

Xornal21
Martes, 13 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A nova páxina web do concello entra en funcionamento

Dende este sábado pasado, día 10 de xuño, está en funcionamento o novo portal web do Concello.

[Img #33193]

 

Entrando en www.oporrino.org  as veciñas e veciños do Porriño poden consultar dende o seu ordenador, tableta ou teléfono móbil, toda a información municipal, dende os horarios dos servizos locais, pasando por ofertas de traballo de Porremprego, a organización institucional,  licitacións, retribucións dos membros do Goberno local, novas de cada unha das concellerías, noticias sobre as parroquias, relacionada co turismo, coa educación, normativas legais relacionadas coa actividade municipal, teléfonos de interese, previsión do tempo ou enlaces coas redes sociais do Concello.


A alcaldesa subliña que a nova web cumpre co compromiso que adquirirá o Goberno local de eficiencia, transparencia e, sobre todo seguridade. Eva García de la Torre lembra a situación de “falla de seguridade” na que se atopou os servizos informáticos do Concello, “que puxeron nun serio risco a información almacenada en eles” e o “estado vergoñento dos servidores municipais” que estaban situados, literalmente, enriba dun váter.


Foi o labor de blindar a seguridade, para rebaixar ao mínimo a posibilidade de que se puidese entrar no sistema, ao que houbo que adicar unha grande cantidade de tempo, co obxectivo de que os datos estivesen protexidos tras unha estrutura sólida. Amais, fíxose un importante traballo para conseguir que o novo portal teña a axilidade e rapidez que demandan os usuarios.


Nos vindeiros días irán incorporándose melloras e novas funcións entre elas a posibilidade de que as veciñas e veciños do Porriño poidan facer dende a súa casa xestións tan habituais coma Certificados de Empadroamento, Pago de Taxas e Impostos ou consulta de expedientes, contratos e licitacións en tempo real.


Para iso, subliña a alcaldesa, hai un acordo de colaboración, técnica e económica, coa Deputación Provincial que permitirá que o portal web do Concello incorpore todas as posibilidades e actualizacións da Administración Electrónica.


García de la Torre lembra que o Goberno local expuxo nun Pleno celebrado en outubro de 2015 a necesidade de aprobar unha partida orzamentaria para reformar todo o sistema informático e crear esta nova páxina web, “pero a oposición rexeitou a proposta votando en contra”, maila o cal este portal é hoxe unha realidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.